redondela
Calendario de Eventos
Últimos Eventos Pasados
Redondela / Entroido do Verán
O XXVI Entroido de Verán de Redondela celebrarase o vindeiro sábado 23 de agosto. Ao longo do día, haberá actividades para todas as idades, concertos e entretemento. As principais actividades terán lugar no Campo da Feira e serán as seguintes: Ás 19:00 horas, sesión de DJ con Kike Varela, Olalla González e Borja Rua. Ás 21:30 horas, unha Gala Drag con 1.800 € en premios, presentada por Carlos Veleiro. Ás 23:00 horas, un concerto de The Rapants e ás 00:30 horas, un concerto con Carlos Jean. Ás 02:00 horas, comeza unha sesión de DJ con Samu Peixe, Rodri e Vegas. Tamén haberá actividades infantís na Praza da Torre, Praza Xunqueira e Praza Ponteareas. Praza da Torre, cunha actuación de Brais das Hortas ás 20:30 horas. Praza da Xunqueira, ás 18:00 h, inchables acuáticos e ás 21:00 h, festa da escuma. Praza de Ponteareas, ás 18:00 h, inchables acuáticos e unha xincana con inchables.
Redondela / Patina na Rúa
Patina na RúaO Club de Patinaxe Artística A Marlonga Chapela e o Club de Patinaxe Artística Bolboreta Redondela organizan unha xornada de patinaxe ao aire libre.📍 Pista da Xunqueira (Redondela)📅 22 de xuño de 2025🕖 19:00 hActividade aberta para todos os públicos, con exhibicións e moita diversión sobre rodas. Non o perdas!
Redondela / Festa da coca
🎉Do 18 ao 22 de xuño Redondela prepárase para vivir as Festas da Coca 2025! A vila encherase de tradición, música e cor cunha programación chea de actividades para todos os públicos. 📣 Animamos ás asociacións e á veciñanza a achegarse e desfrutar dunha festa única, declarada de Interese Turístico de Galicia. 💃🐉 XOVES 19 DE XUÑO 11:00 h – Traslado da Virxe “A Gabacha” da Igrexa de Vilavella á de Santiago, con Danza das Espadas, Penlas e Banda de Música. 12:00 h -Desfile da Coca cos Mordomos, Diañiños, Xigantes e Cabezudos ao son do grupo Son do Castro. -Misa Maior na Igrexa de Santiago. 13:00 h Procesión polas rúas con alfombras florais, acompañada da Banda de Música de Redondela. Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución. 16:30 h Ruta en barco pola Illa e Enseada de San Simón. Saída dende o pantalán do Museo Meirande. 19:30 h Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona na Alameda de Castelao. 22:00 h Concerto da Orquestra Marbella no Campo da Feira.
