1 evento encontrados.
#gondomar
GONDOMAR / Entroido 2025
Concello GondomarGONDOMAR ÉNCHESE DE COR E FESTA CUN ENTROIDO DE 8 DÍAS CHEO DE MÚSICA,DIVERSIÓN E TRADICIÓN. O evento central desta edición será o Gran Desfile de Comparsas de Entroido, que terá lugar o domingo 2 de marzo, a partir das 16:30h cunha participación de 16 comparsas chegadas dende Nigrán, Vigo, Tomiño, Mos e maioritariamente de Gondomar, que encherán as rúas do municipio de cor, humor e alegría. Ademais, o martes 4 de marzo, festivo local en Gondomar, a festa continuará cunha gran verbena a cargo da orquestra Marbella a partir das 21:00h no aparcadoiro de San Bieito, que fará vibrar á veciñanza.