#festivais
Calendario de Eventos
Últimos Eventos Pasados
Voluntariado Festa dos callos de Salceda de Caselas
📢 Participa no voluntariado da XXXII FESTA DOS CALLOS! 🍲✨ O vindeiro 6 de setembro de 2026 celébrase un dos días máis grandes de Salceda de Caselas, e queremos contar contigo para facelo posible. Se tes ganas de colaborar, vivir a festa dende dentro e botar unha man no equipo de organización, únete ao voluntariado! 🙌🤝 📲 Como podes inscribirte ou pedir máis información? ✉️ Correo electrónico: concelleriavoluntariado@salcedadecaselas.gal 📞 Teléfono: 601 609 031
Castrelos, Viva Suecia
A banda murciana Viva Suecia chega a Vigo no marco da súa xira "Hecho en tiempos de paz". A actuación terá lugar o venres 14 de agosto no Auditorio de Castrelos. Viva Suecia é unha destacada banda española de indie; o seu cuarto álbum, *El amor de la clase que sea*, acadou o número un en vendas e obtivo a certificación de platino. Actualmente contan con 1,4 millóns de oíntes mensuais en Spotify. Data:Venres, 14 de agosto de 2026 Lugar:Auditorio de Castrelos Hora:22:00 h Prezo:Compra de entradas: https://vigoenfestas.cliqueo.es/es/
SUBVENCIÓN PARA A ORGANIZACIÓN DE FEIRAS E FESTIVAIS INDUSTRIAIS E COMERCIAIS CON SEDE EN VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO 2024
O Concello de Vigo lanza en 2024 unha subvención para organizar feiras e festivais para fortalecer o desenvolvemento empresarial e a contratación de persoas desempregadas na cidade. Para máis información clica na seguinte ligazón.
