Calendario de Eventos

Últimos Eventos Pasados

Redondela / Festa da coca

🎉Do 18 ao 22 de xuño Redondela prepárase para vivir as Festas da Coca 2025! A vila encherase de tradición, música e cor cunha programación chea de actividades para todos os públicos. 📣 Animamos ás asociacións e á veciñanza a achegarse e desfrutar dunha festa única, declarada de Interese Turístico de Galicia. 💃🐉 XOVES 19 DE XUÑO 11:00 h – Traslado da Virxe “A Gabacha” da Igrexa de Vilavella á de Santiago, con Danza das Espadas, Penlas e Banda de Música. 12:00 h -Desfile da Coca cos Mordomos, Diañiños, Xigantes e Cabezudos ao son do grupo Son do Castro. -Misa Maior na Igrexa de Santiago. 13:00 h  Procesión polas rúas con alfombras florais, acompañada da Banda de Música de Redondela. Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución. 16:30 h  Ruta en barco pola Illa e Enseada de San Simón. Saída dende o pantalán do Museo Meirande. 19:30 h  Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona na Alameda de Castelao. 22:00 h  Concerto da Orquestra Marbella no Campo da Feira.