#feira
Calendario de Eventos
Últimos Eventos Pasados
GONDOMAR / Feira de oportunidades PORTOBELO
A Asociación de Empresarios OVALMI e o Concello de Gondomar organizan unha nova edición da Feira de Oportunidades Portobelo, un evento xa consolidado que reunirá comerciantes e emprendedores para ofrecer produtos e servizos a prezos especiais.A feira celebrarase este domingo día 23 de febreiro na Praza Paradela, converténdose nun punto de encontro clave para o comercio da zona. Durante o evento, os asistentes poderán atopar unha ampla variedade de produtos con grandes descontos, desde moda e calzado ata artigos para o fogar e tecnoloxía.Ademais das oportunidades comerciais, a feira contará con actividades complementarias para toda a familia, incluíndo animación infantil. Para máis información https://concellodegondomar.gal/feira-de-oportunidades.../
FEIRA ESDOMAR NO PORTO DE VIGO
O sábado 14 de setembro, de 12:00 a 20:00 horas, celebrarase a Feira #ESDOMAR no porto de Canido,iniciativa, desenvolvida no marco do proxecto "EU SON ECONOMÍA SOCIAL DO MAR", liderado pola Fundación FUNDAMAR, en colaboración coa Confraría de Pesca de Vigo, e grazas ao apoio da REDE EUSUMO, da Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra. Non perdas a ocasión de vir. Agardámoste. Para máis información clica na seguinte ligazón.
