#Arcade
Calendario de Eventos
Últimos Eventos Pasados
Os inocentes, monólogo de QUICO CADAVAL, en Arcade
Venres, 23 de outubro Monólogo ‘Os inocentes’, de Quico Cadaval Unha noite, nunha taberna chega un sinistro forasteiro que fai que se desvele un segredo gardado durante 36 anos. Manoel, o mais anodino dos clientes d’A Carrilana, fora o protagonista dunha historia conmovedora na guerra do 36. Ao rapaz da taberna médranlle as orellas, e sabe cousas que non debía saber aos seus anos, descubrindo así unha estirpe esquecida nas guerras: Os Inocentes Público xeral| 20:30h | Multiúsos (Arcade) De balde | Ata completar aforo.
Berenguela na gaiola, espectáculo de XAROPE TULÚ co CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, en Arcade
Domingo, 18 de outubro Espectáculo ‘Berenguela na gaiola’ As compañías Galeatro e Xarope Tulú co Centro Dramático Galego Peza baseada na obra ‘Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela’, de Manuel María, onde tres anciás atoparán a liberdade que cren perdida e a posibilidade de cambiar o mundo Público infantil – familiar | 17:30 h | Multiúsos (Arcade) De balde | Ata completar aforo
Mariñeiras, espectáculo de A COVA DAS LETRAS en Soutomaior
Teatro ’Mariñeiras’ presenta A Cova das letras Un espectáculo interactivo sobre a vida mariñeira e a aprendizaxe do oficio do mar. Público infantil – familiar Hora: 17:30 h, no Multiúsos de Arcade. Entrada de balde ata completar aforo.
