SUBVENCIÓNS E AXUDAS
PROGRAMA +CONVIVENCIA
O programa “+Convivencia” configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación, impulsando a convivencia e o intercambio de experiencias, ao tempo que se garante a igualdade de oportunidades de colectivos con discapacidade. Paralelamente favorecerá a dinamización do tecido empresarial local en canto á contratación de pequenas e medianas empresas de autocares, restauración, axencias de viaxes etc. da contorna. Para máis información clica nesta ligazón
AXUDAS ÁS ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO 2024
Se eres unha escola de música dependente dunha asociación sen ánimo de lucro, xa tes aquí información interesante das axudas que podes solicitar. Para máis información clica na seguinte ligazón.
SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR O EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN EN COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
Se eres unha entidade sen ánimo de lucro e entre os teus obxectivos están fomentar o emprego nas persoas desempregadas a través da adquisición de experiencia profesional, esta é a túa oportunidade! Para máis información clica na seguinte ligazón.
SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DA CONTRATACIÓN, POR PARTE DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, DE MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO
Eres unha entidade sen ánimo de lucro que aposta por fomentar o emprego neste colectivo vulnerable? Entonces isto interésache! Para máis información clica na seguinte ligazón.
IV PREMIO SESÉ MATEO DE XORNALISMO ÉTICO NO TRATAMENTO DA VIOLENCIA MACHISTA
O Concello de Redondela outorga o IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo que pretende premiar a aqueles ou aquelas profesionais do xornalismo que, ademais de informar, o saiban facer con ética, fuxindo do sensacionalismo e tendo coidado coa intimidade das vítimas e das persoas superviventes máis vulnerables. Tamén daquelas persoas que, con valentía, atendan a esta secuela do patriarcado e do machismo como se merece: sinalando a súa profunda raíz e alentando a toda a sociedade a arrincala de vez. Para máis información clica na seguinte ligazón.