Archivos Eventos

En marcha

PROGRAMA +CONVIVENCIA

O programa “+Convivencia” configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación, impulsando a convivencia e o intercambio de experiencias, ao tempo que se garante a igualdade de oportunidades de colectivos con discapacidade. Paralelamente favorecerá a dinamización do tecido empresarial local en canto á contratación de pequenas e medianas empresas de autocares, restauración, axencias de viaxes etc. da contorna.   Para máis información clica nesta ligazón

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS 2024

Se vas levar a cabo un proxecto e artes escéncias xa podes solicitar a subvención que a Xunta de Galicia destina a impulsar a creación, produción e difusión de espectáculos teatrais,danza e outras formas de arte no territorio galego. Para máis información clica  na seguinte ligazón.