ACTIVIDADES
PEQUEFREAK
A V edición do Pequefreak celebrarase no C.C. Plaza Elíptica, e dentro deste, na sala Apo’strophe.arte e nos Cines Tamberlick. Un evento único na contorna de Vigo no que os cativos poden desfrutar da experiencia de vivir o seu primeiro festival de cinema. Xa están dispoñibles as entradas na web do festival.
Pincho Folk/ Salceda de Caselas
Chega a VIII edición da ruta do Pincho Folk! Unha cita á que non podes faltar coa participación de 16 locais da nosa hostelería e dos grupos de gaitas locais! Boa comida, boa música e bo ambiente para as noites de setembro!
Mos / Tómbola Benéfica AECC MOS
Pazo de MosO 27 de setembro, o Pazo de Mos acollerá unha tómbola benéfica en favor da Asociación Española Contra o Cancro. Programa: 11:00 – Coral O Son dos Cantares de Tameiga 11:30 – Coro Galego Abrente 17:00 a 20:00 – Obradoiros infantís 17:00 – Iker Faure 18:00 – Alumnado Escola Patricia Martínez Ao longo de todo o día estará instalada a tómbola solidaria en beneficio da AECC. Contamos contigo! Mos solidario contra o cancro.#Mos #Solidariedade #AECC #ContraOCancro #mosenmarcha #somosmos #concellodemos
