Todo el día

XXII Festa Gastronómica As Delicias do Porco de Gondomar

XXII Festa Gastronómica As Delicias do Porco  Couso - Gondomar  10 de agosto de 2025  Torreiro da Festa Virxe dos Remedios Volvemos un ano máis cunha das festas máis saborosas da comarca! O porco ao espeto será o protagonista dunha xornada chea de boa comida, música e tradición. Non podes faltar!  Reserva o teu porco ao espeto antes do 5 de agosto no 609 903 635 (Dispoñibles porcións de 1/4, 1/2 ou porco enteiro, con viño, auga, empanadas, roscas e pan incluído)  Tapas de porco sen reserva: zorza, lacón, orella, chourizos, xamón asado, callos... ¡para chupar os dedos!  Música en directo co Grupo Dúo Enxebre para animar a festa!  Vén celebrar con nós, gozar da boa comida e compartir un día inesquecible en Couso!