ACTIVIDADES
Gondomar / Dia Mundial do Medio Ambiente
O 5 DE XUÑO CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE EN GONDOMAR Dende o Concello de Gondomar celebramos esta data tan importante e amosamos o noso compromiso coa defensa e protección do medio ambiente. Cando? Xoves 5 de xuño Hora: De 10:30 a 13:30 h Lugar: Praza Paradela (en caso de choiva cancelarase) Convidamos a toda a veciñanza, centros educativos, culturais, familias, maiores e mocidade a participar nesta xornada de concienciación ambiental. ACCIONES DESTACADAS: Reparto de compost en bolsas 100 % compostables (ata 100 unidades) Campaña pola auga da billa: reflexiona sobre o impacto do plástico e aposta por alternativas sostibles Punto limpo móbil: para promover a correcta xestión dos residuos Espazo informativo sobre compostaxe Material divulgativo e presenza de dúas persoas informadoras para resolver dúbidas Dende o Concello de Gondomar queremos dar as parabéns a toda a veciñanza pola súa implicación e seguir traballando xuntos/as por un futuro máis sostible. Gondomar coida do seu entorno. E ti, apúntaste?
