ACTIVIDADES
LETRAS GALEGAS/ PAZOS DE BORBÉN
ATENCIÓN, VECIÑAS E VECIÑOS!! Temos unha cita moi especial coas nosas raíces , coa nosa cultura e coa nosa música tradicional !O vindeiro 17 de maio ás 19:00h celebramos a presentación do libro“Aida e Rosa. Cantadeiras de Moscoso” na Sociedade Cultural e Recreativa de Moscoso!!Unha homenaxe chea de emocións e recoñecemento a dúas mulleres loitadoras que mantiveron viva a nosa tradición durante décadas!Aida e Rosa son parte da nosa historia e agora tamén protagonistas dun libro que recolle a súa arte e sabedoría.Contaremos coa presenza de Luis Prego Fernández , coa transcrición musical de Manuel Díez Pernía (Manu Mediaoreja) e as marabillosas fotografías de Félix Blume Organiza: Concello de Pazos de Borbén xunto coa Sociedade Cultural e Recreativa de Moscoso Vén celebrar connosco o Día das Letras Galegas entre pandeiretas, sorrisos , recordos e moita emoción Non faltes!! Compartide e vide todas e todos!!
LETRAS GALEGAS/ SALCEDA DE CASELAS
A Praza do Concello acollerá o día 17 de maio, Día das Letras Galegas un acto conmemorativo, este ano dedicado ás cantareiras, transmisoras da nosa tradición oral e musical, xeración tras xeración. - Unha homenaxe para lembrar o valor da lingua, da cultura e de todas as mulleres que transmitiron saber, memoria e identidade a través da voz.
MOS/ Día das letras galegas
O día 17 de maio, polo día das letras galegas, ARUME EN CONCERTO. Día das letras galegas nos exteriores do Pazo de Mos ás 19:00h.
Gondomar / Dia das Letras Galegas
ACTUACIÓN: Da banda de musica da agrupacion musical de vincios es as pandereteiras froleada do centro cultural de vincio. O dia 14 de maios ás 19:30h na Plaza Paradela. *no caso de choiva, celebrarasé no Auditorio Luis Tobío.
