ACTIVIDADES
SALCEDA/XINECOLOXÍA NATURAL
Xinecoloxía natural e climaterio A ACDE Treze Catorze vén de organizar estes dous obradoiros coas seguintes temáticas: Xinecoloxía natural: Día 1: Conacéndome Día 2: Ciclicidade Día 3: Mediciñas aliadas Día 4: Memorias uterinas Climaterio: Día 1: Visión holística e nutrición Día 2: Aceites esenciais Día 3: Plantas e mediciñas aliadas Día 4: Portal de Jade e Respiración ovárica Toda a info nos carteis ou a través do teléfono 686 240 844
VIGO / Obradoiro de autoestima
Ola! Dende a Asociación Rede de Mullerrs Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo convidarnos ao primeiro Obradoiro de Autoestima deste ano, que se celebrará dende o 17 de marzo ata o 24 de abril na Oficina Municipal de Distrito do Casco Vello (Rúa Oliva, 12). O grupo de tarde serán os luns de 17h a 20h O grupo de mañá serán os xoves de 10h a 13h.Se queredes formar parte, podedes inscribirvos de xeito totalmente gratuito a traves desde formulario, indicando os vosos datos e en que horario podedes asistir: https://forms.gle/d6HpWFwMuCicKhzbAVaise dar prioridade a aquelas Mulleres que aínda non participaron nos obradoiros de autoestima.Ante calquera dúbida, podedes escribir ao correo redemediadorasvigo@gmail.com ou chamar aos números 986 222 328 / 670 453 431.Animádevos a participar!
MOS / Tempo de lencer 2025
Chega o PROGRAMA “Tempo de Lecer 2025” !!! O concello de Mos a través da concellería de Participación Cidadá, organiza unha serie de actividades dirixidas a poboación Xeral maior de 14 anos no ámbito da educación non regrada e actividades de ocio e lecer a través de distintos obradoiros. OBXECTIVO: fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, proporcionando alternativas de lecer no seu medio máis próximo e facilitándolle á veciñanza a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades de ocio de lecer ou formativas adaptadas as súas posibilidades. Tempo de Lecer é un programa moi demandado polas asociacións do noso municipio, conta xa con 16 anos de traxectoria, no que anualmente se benefician unhas 20 asociacións e máis de 450 persoas que pertencen ao colectivo de asociacións veciñais, culturais, de maiores e mulleres rurais, que participan en obradoiros temáticos que favorecen a participación e a cooperación social. Mediante esta convocatoria ofertaranse: - un total de 44 obradoiros - nos que poderán participar ata 22 asociacións. - Cada asociación poderá solicitar a razón de 2 dous obradoiros de 20 h cada un, - cun número de participantes entre 12 e 25.
