Archivos Eventos

VIGO / PROGRAMACION 8M

O Concello de Vigo, en colaboración co Consello Municipal da Muller, organiza en marzo una serie de actos e actividades con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller Durante o mes de marzo a cidade acollerá numerosos e diversos actos: proxeccións de filmes, espectáculos de humor, teatro e danza, actuacións de música, recital de poesía, mostra de pintura, visita guiada polo roteiro "Sons de Mulleres", xornadas formativas, entrega do XIII Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a Aurora Marco, etc  

GONDOMAR / 8M

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER  11.30h: Marcha Feminista organizada pola Asociación Mulleres Área Loura con saída dende a praza de abastos de Gondomar.  12:30h: Conscentración posterior a marcha na Ramallosa 19:30h: no Auditorio Lois Tobío represéntase a obra teatral "Non Pasarán"

SALCEDA/ 8-M

Este sábado 8 de marzo, agardámoste ás 12h no Concello para a lectura do manifesto polo #8M, acompañadas polas Cantareiras da Serra da Anta. Se chove, trasladarémonos á Devesa. Tras a lectura, compartiremos un café e faladoiro: "Autocoidarnos, o poder do grupo". Pola tarde, na Aula da Revolta: 19:30h | Mesa redonda con mulleres emprendedoras  20:00h | Proxección e faladoiro: "Raíces e logros - As sufraxistas"

MOS, Cea da Muller 8M

Pavillón Óscar Pereiro

Xa estaMOS a traballar na exitosa cea da Muller que cada ano organizamos para conmemorar e reivindicar o #8M ! Este ano… temática dos anos 20 !!! Estades preparadas??? Inscribídevos xa !  Inscripción ata o 5 de Marzo na Sede electronica ou no 676014568

€30