ACTIVIDADES
GONDOMAR / Entroido 2025
GONDOMAR ÉNCHESE DE COR E FESTA CUN ENTROIDO DE 8 DÍAS CHEO DE MÚSICA, DIVERSIÓN E TRADICIÓN. O mércores 5 de marzo, como broche final ao Entroido, celebrarase o tradicional Enterro da Sardiña, no que a comitiva fúnebre percorrerá as rúas de Gondomar a partir das 19:00 h nunha despedida chea de sátira e simbolismo. Este ano, a animación correrá a cargo de Toula Animación, que acompañará á comitiva co seu característico espectáculo visual “A Invasión Pirata” garantindo un final de festa inesquecible. O Concello de Gondomar anima a toda a cidadanía a participar nesta gran festa, que ano tras ano enche de alegría e tradición as nosas rúas. Non o perdades!
SOUTOMAIOR/ENTERRO DA SARDIÑA
Mércores 5 marzo 2025 a partir das 19:30 h. Praza de Cima de Vila (inicio) a Campo da Petanca (fin) Público: Xeral Prazas: Sen límite Acceso: De balde! Despedimos o Entruido con esta cita á que non podedes faltar. Imos despedir e chorar á sardiña cun velorio no que participan a Banda Artística de Arcade, as asociacións A Xesteira, Miúdos e Moreira A tope. Percorrido: concentrarémonos na Praza de Cima de vila para saír en procesión ata rúa Xosé Solla e chegar ato o campo da Petanca de Arcade onde realizaremos o acto final da cerimonia. Vístete de loito e despide o Entruido de Soutomaior!