ACTIVIDADES
SALCEDA/ PUNTO TIC
Se es unha persoa maior e precisas axuda coa tecnoloxía, haberá un punto TIC o vindeiro 26 de febreiro no Concello!O Punto TIC, xestionado pola Fundación Esplai, axudarache coas túas dúbidas sobre o uso de móbiles ou tablets.9 a 13h.Os seguintes días onde estará activo o punto TIC serán o 26 de marzo, o 30 de abril, o 28 de maio e o 25 de xuño.
GONDOMAR / Concerto do entroido
O Entroido en Gondomar vén cargado de música e festa! Non perdas “Un concerto do máis eurovisivo”, un evento cheo de ritmos e diversión para celebrar estas datas tan especiais. Actuarán: Banda Infantil e Xuvenil da Agrupación Musical de Vincios Conservatorio Municipal de GondomarUnha tarde de música e espectáculo para todos os públicos! Non faltes!Organiza: Agrupación Musical de Vincios, Conservatorio Municipal de Gondomar e a Concellería de Cultura do Concello de Gondomar Lugar: Auditorio Lois Tobío, Gondomar, ás 19:00 h