Archivos Eventos

Todo el día

XVI RALLY CIDADE DE VIGO

A Organización sen Ánimo de Lucro Escudería de Vehículos Clásicos ten programado este sábado vindeiro día 28 de setembro no Centro Comercial Gran Vía de Vigo unha exposición de vehículos clásicos.   Para máis información clica na seguinte ligazón.  

En marcha

CONCERTOS OUTONO, VIGO “UN MAR DE BANDAS” 

Como cada ano, o programa do Concello "Vigo, un Mar de Bandas" xunto coa Federación de Bandas Música Populares de Vigo inundará de música varias zonas da cidade. Se eres un apaixoado da boa música animate a vir! Para máis información clica nesta ligazón.

OBRADOIRO DE AUTOESTIMA E COMUNICACIÓN ASERTIVA

A Organización dirixida a promocionar e visibilizar a situación da muller empresaria en Galicia ten unha sorpresa preparada a partir do día 12 de setembro. Non a perdas. Para máis información clica na seguinte ligazón.

€7

CUARTA EDICIÓN DOS PREMIOS #MULLERES NO FOCO

A Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) ten como obxectivo poñer en valor o traballo da muller no audiovisual galego co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais das profesionais do sector. Por iso, un ano máis, convoca unha nova edición dos Premios #Mulleres no Foco de apoio ás mulleres do sector audiovisual, dado que, aínda a día de hoxe, as mulleres seguen precisando apoio e visibilidade na maior parte das profesións vinculadas a este sector, feito que se acentúa nos postos relacionados coa toma de decisións e nos de maior prestixio social. Informate canto antes! Se queres saber máis non dubides en clicar nesta ligazón.

30 Aniversario ASEM Galicia

 ASEM Galicia é a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, unha entidade sen ánimo de lucro, con 30 anos de historia, que foi declarada de Utilidade Pública. O próximo día 28 de setembro ás 11 horas en Santiago de compostela tes unha cita. Para máis información clica nesta seguinte ligazón.