Archivos Eventos

Todo el día
En marcha

CONCERTOS OUTONO, VIGO “UN MAR DE BANDAS” 

Como cada ano, o programa do Concello "Vigo, un Mar de Bandas" xunto coa Federación de Bandas Música Populares de Vigo inundará de música varias zonas da cidade. Se eres un apaixoado da boa música animate a vir! Para máis información clica nesta ligazón.

O CENTRO SOCIAL DE BOUZAS E O TAI CHI

O Centro Social de Bouzas organiza para este mes de setembro un programa de Tai Chi, grazas á Ásociación Cultural Vila de Bouzas, podes inscribirte xa a partir do día 2 de setembro. Para máis información clica na seguinte ligazón.

OBRADOIRO DE AUTOESTIMA E COMUNICACIÓN ASERTIVA

A Organización dirixida a promocionar e visibilizar a situación da muller empresaria en Galicia ten unha sorpresa preparada a partir do día 12 de setembro. Non a perdas. Para máis información clica na seguinte ligazón.

€7

CUARTA EDICIÓN DOS PREMIOS #MULLERES NO FOCO

A Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) ten como obxectivo poñer en valor o traballo da muller no audiovisual galego co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais das profesionais do sector. Por iso, un ano máis, convoca unha nova edición dos Premios #Mulleres no Foco de apoio ás mulleres do sector audiovisual, dado que, aínda a día de hoxe, as mulleres seguen precisando apoio e visibilidade na maior parte das profesións vinculadas a este sector, feito que se acentúa nos postos relacionados coa toma de decisións e nos de maior prestixio social. Informate canto antes! Se queres saber máis non dubides en clicar nesta ligazón.

XXXI REVOLTALLO   

O Centro Cultural de Valladares organiza unha nova edición do Revoltallo chea de actividades, obradoiros e música en directo para desfrutar, aprender, compartir en familia e con amizades que terá lugar dende o 20 a 22 de Setembro na Carballeira do Pedregal de Valadares, na cidade de Vigo. Para máis información clica na seguinte ligazón.