Archivos Eventos

Todo el día

FEIRA ESDOMAR NO PORTO DE VIGO

O sábado 14 de setembro, de 12:00 a 20:00 horas, celebrarase a Feira #ESDOMAR no porto de Canido,iniciativa, desenvolvida no marco do proxecto "EU SON ECONOMÍA SOCIAL DO MAR", liderado pola Fundación FUNDAMAR, en colaboración coa Confraría de Pesca de Vigo, e grazas ao apoio da REDE EUSUMO, da Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra. Non perdas a ocasión de vir. Agardámoste. Para máis información clica na seguinte ligazón.

En marcha

CONCERTOS OUTONO, VIGO “UN MAR DE BANDAS” 

Como cada ano, o programa do Concello "Vigo, un Mar de Bandas" xunto coa Federación de Bandas Música Populares de Vigo inundará de música varias zonas da cidade. Se eres un apaixoado da boa música animate a vir! Para máis información clica nesta ligazón.

O CENTRO SOCIAL DE BOUZAS E O TAI CHI

O Centro Social de Bouzas organiza para este mes de setembro un programa de Tai Chi, grazas á Ásociación Cultural Vila de Bouzas, podes inscribirte xa a partir do día 2 de setembro. Para máis información clica na seguinte ligazón.

OBRADOIRO DE AUTOESTIMA E COMUNICACIÓN ASERTIVA

A Organización dirixida a promocionar e visibilizar a situación da muller empresaria en Galicia ten unha sorpresa preparada a partir do día 12 de setembro. Non a perdas. Para máis información clica na seguinte ligazón.

€7

XI FESTA POPULAR

A Asociación cultural Froles Mareliñas e artistas da Asociación Traspés organizan en Chapela na Senda Verde unha festa o vindeiro 14 de setembro na que haberá ioga, sesión vermut, escolas de baile e gran verbena ao final do día. Non agardes e pásate xa! Para máis información clica na seguinte ligazón.

XVII FESTA VECIÑAL TEIS FEST 

A Asociación Veciñal de Teis organiza o sábado 14 de setembro unha festa na Praza da Etea con música, xogos infantís e festa da escuma. Para máis información clica na seguinte ligazón.

$25 – $30