Todo el día

Pincho Folk/ Salceda de Caselas

Chega a VIII edición da ruta do Pincho Folk! Unha cita á que non podes faltar coa participación de 16 locais da nosa hostelería e dos grupos de gaitas locais! Boa comida, boa música e bo ambiente para as noites de setembro!

Gondomar / Tarde FreeStyle

 Goza da túa experiencia FREESTYLE en Gondomar! O venres 12 de setembro, de 18:00h a 21:00h, o Campo de Fútbol das Cercas converterase nun espazo cheo de deporte, música e diversión para a mocidade. Teremos un Show Freestyle, onde especialistas desta disciplina sorprenderannos cunha exhibición na que mesturan fútbol da rúa e acrobacias espectaculares, controlando o balón en diferentes posicións e con distintas partes do corpo… sempre ao ritmo da música . Despois do espectáculo, será a vosa quenda! Poderedes aprender e practicar algúns destes trucos a través de obradoiros participativos. Para participar nos obradoiros é necesario inscribirse a partir do 1 de setembro, chamando ao  986 369 746 en horario de 08:00h a 14:00h. A música non faltará, con DJ en directo animando a xornada. E para completar a experiencia, poderedes gozar de xogos gratuítos como a canastra eléctrica, a pista subsoccer ou o air hockey. Actividade dirixida á mocidade a partir de 13 anos, totalmente de balde. Máis información en: concellodegondomar.gal