En marcha

Vigo / Festa da Amizade

📅 38ª Festa da Amizade – 19 de xullo📍 Parque Forestal de Saiáns (Vigo) Unha xornada comunitaria organizada pola A.V.C.D. San Xurxo de Saiáns, pensada para celebrar a amizade, a natureza e a cultura local. Ao longo do día haberá actividades para todas as idades: 🔹 Ruta interpretativa polo Monte de Saiáns🔹 Actuacións musicais: Banda de Música Lira de Oia, Ce Orquestra Pantasma (con xogos para cativada) e o grupo de pandeireteiras Son das Ferriñas🔹 Xantar popular: sardiñada, chouripán e empanadas (existencias limitadas)🔹 Entrega de recoñecementos e distincións polo 30 aniversario do Monte de Saiáns Evento aberto á veciñanza, con ambiente familiar e festivo no corazón do monte.

Fornelos / CAMPEONATO DE TUTE

Campeonato de Tute 2025 – Especial de Verán 📍 Fornelos de Montes | 🗓️ Sábado 19 de xullo | 🕙 22:00 h🔹 Lugar: Diante do Multiusos do Concello🔹 Inscrición: 30 € por parella 🎁 Premios para gañadores e perdedores Gañadores:1º – 2 chuleteiros de tenreira (enteiros)2º – 2 follas de bacalao3º – 2 xamóns4º – 2 lacóns5º – 2 cintas de lombo Perdedores:1º – 2 chuleteiros de porco (enteiros)2º – 2 follas de bacalao3º – 2 xamóns4º – 10 L de aceite de oliva5º – 2 queixos tetilla 🎲 3 sorteos sorpresa durante a noite🍢 Pincho para todos os participantes🌧️ En caso de choiva ou frío, o evento celebrarase nun recinto cuberto. 📢 Organiza: Comisión de Festas de Fornelos de Montes