PAZOS DE BORBÉN/ I Serán de Xunqueiras
O 21 de xuño temos unha cita moi especial en Pazos de Borbén... chega o I Serán de Xunqueiras! Unha xornada máxica para celebrar o San Xoán coa veciñanza e con quen queira achegarse a vivir esta experiencia única 10:00h – Comezamos cun roteiro de identificación das herbas de San Xoán , saíndo dende o torreiro da festa! 13:00h – Vermú con música para ir quentando motores! 16:30h en diante – Xogos populares para todas as idades 18:00h – Teatro infantil co grupo Fedelhas 20:00h – Gran inicio do Serán Estades tod@s convidad@s! E ademais contaremos con: Pulpeiro Zona de picnic Mercadiño con artesanía e moito máis! Se queres participar no mercadiño, contacta connosco en: avxunqueiras@hotmail.com Organiza: A.V. Cruceiro da Paz de Xunqueiras Colabora: Concello de Pazos de Borbén e Deputación de Pontevedra Non faledes! Agardámosvos en Xunqueiras para vivir xunt@s un día inesquecible!
Redondela / Festa da coca
🎉Do 18 ao 22 de xuño Redondela prepárase para vivir as Festas da Coca 2025! A vila encherase de tradición, música e cor cunha programación chea de actividades para todos os públicos. 📣 Animamos ás asociacións e á veciñanza a achegarse e desfrutar dunha festa única, declarada de Interese Turístico de Galicia. 💃🐉 SÁBADO 21 DE XUÑO 11:00 h Alborada a cargo da Banda de Música de Arcade. 18:00 h Concerto da Banda de Música de Arcade na Alameda de Castelao. 22:00 h – Concerto da Orquestra Gran Parada (Campo da Feira). 01:00 h – Concerto de Grande Amore. 02:30 h – Sesión DJ con Rodri Vegas. Durante o día Elaboración das alfombras florais nas rúas de Vilavella. 11:30 h e 17:30 h – Rutas en barco dende o Porto de Cesantes e o Museo Meirande.
