Redondela / PUNTO TIC

Centro Cultural de Cedeira

¿Precisas axuda coa tecnoloxía? !Estamos aqui para axudarche!

Redondela / Festa da coca

🎉Do 18 ao 22 de xuño Redondela prepárase para vivir as Festas da Coca 2025! A vila encherase de tradición, música e cor cunha programación chea de actividades para todos os públicos. 📣 Animamos ás asociacións e á veciñanza a achegarse e desfrutar dunha festa única, declarada de Interese Turístico de Galicia. 💃🐉 MÉRCORES 18 DE XUÑO 18:00 h  Desfile de Xigantes e Cabezudos polas rúas de Redondela, acompañados polo grupo de gaitas Airiños de San Simón. 19:30 h Concerto da Orquestra de Saxos de Redondela na Praza do Concello. 20:00 h  Acto inaugural na Praza do Concello: Lectura do pregón por Manuel Conde Docampo. Relevo das Penlas: Elena Iglesias Estévez e Leire Piñeiro Lalín. Homenaxe ás alfombristas e ex xefes da Danza das Espadas. Acendido da iluminación das festas. 22:00 h  Concerto da Orquestra Panorama City no Campo da Feira. Toda a noite  Comezo da elaboración das alfombras florais polas rúas de Redondela.