Gondomar / VI Xuntanza Terrible

Chega a VI Xuntanza TerribleO sábado 7 de xuño celebrarase en Abrollido nº 4 – Donas, Gondomar, unha nova edición da Xuntanza Terrible, unha cita ineludible coa música tradicional, a cultura popular e a festa ao aire libre.Organizada por TradiSón e grazas ao impulso incansable do gran Xurxo o Terrible, a xornada estará repleta de actividades para todos os públicos, cun ambiente festivo e familiar.Programa:De 10:00 a 14:00h• Obradoiro de construción de pandeiraÁs 13:00h – Sesión Vermú• Co grupo Os Terribles de DonasA continuación:• 14:00h – Xantar campestre• Visita de Coruxo• 16:00h – Xogos popularesTamén contaremos co Tradibán, espazo con comida bebida zona de acampada sorteos  e outras sorpresas.Ás 18:30 – Serán tradicionalActuacións de:• Pandeireteiras do Sobreiro e Cores do Sobreiro• Lideira• Alvariza• CarapausE para rematar… Foliada libreAgardámoste en Donas para vivir unha festa con alma, raíces e moita música!E sabedes que onde este Xurxo, o éxito está asegurado

SALCEDA/ Mercado solidario «Patas arriba»

Mercado solidario 'Patas Arriba' Praza do Concello de Salceda 7 e 8 de xuño De 11:00 a 22:00 h Se es amante dos animais… non o podes perder! Vén gozar dunha fin de semana chea de actividades, concertos, picoteo, zumba, actuacións, sorteos e moitas sorpresas máis! Organiza @Gatopia_salceda, e poderás: Visitar os postos das protectoras e colaborar mercando os seus produtos Probar a deliciosa comida solidaria do posto común Sacar unha foto coa túa mascota no photocall peludo! Participar en actividades infantís Gozar de música en directo Tamén podes colaborar levando pienso, latas ou calquera produto útil para axudar aos gatiños e canciños das protectoras.

Redondela / XVI Festa de Música Tradicional (Serán) – ADC Rande

O vindeiro 7 de xuño de 2025, a partir das 20:00 h, celebrarase na parroquia de Rande a décimo sexta edición da Festa de Música Tradicional organizada pola Asociación Deportiva e Cultural de Rande. Este serán contará coa participación de agrupacións de gaitas e pandeireteiras de distintas parroquias e vilas, promovendo a cultura galega a través da música e o baile tradicional. O evento ofrecerá ademais chocolate quente e rosca de balde a partir das 21:00 h, e sortearanse agasallos entre os asistentes. Unha noite de convivencia e festa aberta a toda a veciñanza. Colaboran: Centro de Interpretación Meirande e Concello de Redondela.