Archivos Eventos

Todo el día

PROGRAMA +CONVIVENCIA

O programa “+Convivencia” configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación, impulsando a convivencia e o intercambio de experiencias, ao tempo que se garante a igualdade de oportunidades de colectivos con discapacidade. Paralelamente favorecerá a dinamización do tecido empresarial local en canto á contratación de pequenas e medianas empresas de autocares, restauración, axencias de viaxes etc. da contorna.   Para máis información clica nesta ligazón

En marcha

CONCERTOS OUTONO, VIGO “UN MAR DE BANDAS” 

Como cada ano, o programa do Concello "Vigo, un Mar de Bandas" xunto coa Federación de Bandas Música Populares de Vigo inundará de música varias zonas da cidade. Se eres un apaixoado da boa música animate a vir! Para máis información clica nesta ligazón.

CUARTA EDICIÓN DOS PREMIOS #MULLERES NO FOCO

A Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) ten como obxectivo poñer en valor o traballo da muller no audiovisual galego co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais das profesionais do sector. Por iso, un ano máis, convoca unha nova edición dos Premios #Mulleres no Foco de apoio ás mulleres do sector audiovisual, dado que, aínda a día de hoxe, as mulleres seguen precisando apoio e visibilidade na maior parte das profesións vinculadas a este sector, feito que se acentúa nos postos relacionados coa toma de decisións e nos de maior prestixio social. Informate canto antes! Se queres saber máis non dubides en clicar nesta ligazón.

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE FESTAS TRADICIONAIS, PATRONAIS, COPATRONAIS, GASTRONÓMICAS, FESTIVAIS FOLCLÓRICOS E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS (PERÍODO 2023 – 2024)

O Servizo de Festas Especiais da Concellería da Área de Parques e Xardíns, Comercio e Festas Especiais do Concello de Vigo desenvolve programas de festas tradicionais, patronais, gastronómicas e actividades socioculturais durante o período comprendido entre o 1 de novembro do ano 2023 ata o 31 de outubro do ano 2024, na cidade de Vigo. Se te dedicas ó mundo das festas,xa tes aquí as subvencións do teu interese! Para máis información clica na seguinte ligazón.

SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO ÁMBITO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Se a túa entidade é unha asociación empresarial, unha organización sindical, unha fundación sectorial ou unha asociación profesional de persoas traballadoras autónomas e entre os seus ámbitos de actuacións está a prevención de riscos laborais xa tes aquí as subvencións que te poden interesar. Non o penses e infórmate!   Se queres saber máis acerca desta subvención clica nesta ligazón.