- Este evento ha pasado.
Redondela / Festa da coca
19 junio· 11:00 - 23:30

🎉Do 18 ao 22 de xuño Redondela prepárase para vivir as Festas da Coca 2025!
A vila encherase de tradición, música e cor cunha programación chea de actividades para todos os públicos.
📣 Animamos ás asociacións e á veciñanza a achegarse e desfrutar dunha festa única, declarada de Interese Turístico de Galicia. 💃🐉
XOVES 19 DE XUÑO
- 11:00 h – Traslado da Virxe “A Gabacha” da Igrexa de Vilavella á de Santiago, con Danza das Espadas, Penlas e Banda de Música.
- 12:00 h
-Desfile da Coca cos Mordomos, Diañiños, Xigantes e Cabezudos ao son do grupo Son do Castro.
-Misa Maior na Igrexa de Santiago.
- 13:00 h Procesión polas rúas con alfombras florais, acompañada da Banda de Música de Redondela. Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución.
- 16:30 h Ruta en barco pola Illa e Enseada de San Simón. Saída dende o pantalán do Museo Meirande.
- 19:30 h Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona na Alameda de Castelao.
- 22:00 h Concerto da Orquestra Marbella no Campo da Feira.
