Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Redondela / Entroido do Verán

23 agosto· 11:00 - 23:30

O XXVI Entroido de Verán de Redondela celebrarase o vindeiro sábado 23 de agosto. Ao longo do día, haberá actividades para todas as idades, concertos e entretemento.

As principais actividades terán lugar no Campo da Feira e serán as seguintes:
Ás 19:00 horas, sesión de DJ con Kike Varela, Olalla González e Borja Rua.

Ás 21:30 horas, unha Gala Drag con 1.800 € en premios, presentada por Carlos Veleiro.

Ás 23:00 horas, un concerto de The Rapants e ás 00:30 horas, un concerto con Carlos Jean.

Ás 02:00 horas, comeza unha sesión de DJ con Samu Peixe, Rodri e Vegas.

Tamén haberá actividades infantís na Praza da Torre, Praza Xunqueira e Praza Ponteareas.

Praza da Torre, cunha actuación de Brais das Hortas ás 20:30 horas. Praza da Xunqueira, ás 18:00 h, inchables acuáticos e ás 21:00 h, festa da escuma.
Praza de Ponteareas, ás 18:00 h, inchables acuáticos e unha xincana con inchables.

Detalles