- Este evento ha pasado.
Gondomar / Tarde FreeStyle

Goza da túa experiencia FREESTYLE en Gondomar!
O venres 12 de setembro, de 18:00h a 21:00h, o Campo de Fútbol das Cercas converterase nun espazo cheo de deporte, música e diversión para a mocidade.
Teremos un Show Freestyle, onde especialistas desta disciplina sorprenderannos cunha exhibición na que mesturan fútbol da rúa e acrobacias espectaculares, controlando o balón en diferentes posicións e con distintas partes do corpo… sempre ao ritmo da música
.
Despois do espectáculo, será a vosa quenda! Poderedes aprender e practicar algúns destes trucos a través de obradoiros participativos.
Para participar nos obradoiros é necesario inscribirse a partir do 1 de setembro, chamando ao
986 369 746 en horario de 08:00h a 14:00h.
A música non faltará, con DJ en directo animando a xornada.
E para completar a experiencia, poderedes gozar de xogos gratuítos como a canastra eléctrica, a pista subsoccer ou o air hockey.
Actividade dirixida á mocidade a partir de 13 anos, totalmente de balde.
Máis información en: concellodegondomar.gal
