Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

25N MOS

25 noviembre

Mos presenta unha programación do 25N que pretende ‘crucificar’ a violencia machista en todas as súas manifestacións
O deseño do cartel deste ano inspírase nesa idea, sobre a que tamén versará o acto central conmemorativo que terá lugar o luns 25 de novembro ás 17:30h na rotonda das Angustias, en Sanguiñeda
👉25N:
homenaxe ás 40 vítimas de violencia que perderon a vida a man das súas parellas ou ex parellas e ás 11 crianzas vítimas da violencia vicaria, que terá lugar ás 17:30h na rotonda das Angustias, parroquia de Sanguiñeda.
ás 19:00h, no Pazo de Mos, levarase a cabo o Pleno Ordinario mensual, no que se realizará un manifesto de repulsa e acompañamento a dor das familias.
CHARLAS E OBRADOIROS PARA O ALUMNADO:
Estes días, ademais, lévanse a cabo charlas e obradoiros para o alumnado e as familias dos centros educativos:
unha charla para as familias da ANPA do Ceip Pena de Francia da man da Fiscal Paula Blasco e a avogada do CIM Ana Rodríguez Cabaleiro hoxe mesmo e o 26 de novembro para a ANPA do Ceip Atín-Cela;
para o alumnado do IES o vindeiro día 22 realizarase unha actividade do programa Xénero Educa, do Grupo Koremi, dirixida a alumnado de 1º da ESO co obxectivo de proporcionar ao alumnado ferramentas para recoñecer e identificar as primeiras violencias machistas,
– e unha formación para 4º da ESO sobre violencia sexual, concedida pola Dirección Xeral de Loita contra á Violencia de Xénero.

Detalles

Fecha:
25 noviembre