- Este evento ha pasado.
LETRAS GALEGAS/ PAZOS DE BORBÉN
ATENCIÓN, VECIÑAS E VECIÑOS!!
Temos unha cita moi especial coas nosas raíces , coa nosa cultura e coa nosa música tradicional !
O vindeiro 17 de maio ás 19:00h celebramos a presentación do libro
“Aida e Rosa. Cantadeiras de Moscoso”
na Sociedade Cultural e Recreativa de Moscoso!!
Unha homenaxe chea de emocións e recoñecemento a dúas mulleres loitadoras que mantiveron viva a nosa tradición durante décadas!
Aida e Rosa son parte da nosa historia e agora tamén protagonistas dun libro que recolle a súa arte e sabedoría.
Contaremos coa presenza de Luis Prego Fernández , coa transcrición musical de Manuel Díez Pernía (Manu Mediaoreja)
e as marabillosas fotografías de Félix Blume
Organiza: Concello de Pazos de Borbén xunto coa Sociedade Cultural e Recreativa de Moscoso
Vén celebrar connosco o Día das Letras Galegas
entre pandeiretas, sorrisos , recordos e moita emoción
Non faltes!! Compartide e vide todas e todos!!
