
PAZOS DE BORBÉN/ MULLER E BENESTAR
19 marzo· 17:30 - 21 marzo· 19:30

O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN ORGANIZA CHARLAS E OBRADOIROS SOBRE SAÚDE, COIDADOS E IGUALDADE!
Veciñas e veciños de Pazos de Borbén, temos unha proposta moi especial para vós! Durante este mes de marzo, convidámosvos a participar en dúas actividades moi interesantes enfocadas no benestar, a saúde e a igualdade.
OBRADOIRO: «Autocoidado emocional e prevención das violencias machistas»
Días: 19 e 21 de marzo
Hora: 17:30 a 19:30
Lugar: Concello de Pazos de Borbén
INSCRICIÓNS
Podedes anotarvos nos Servizos Sociais do Concello! Non perdades esta oportunidade de aprender, compartir experiencias e coidarvos
Un evento organizado polo Concello de Pazos de Borbén en colaboración co Ministerio de Igualdade e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.