ASOCIACIÓNS: Guía práctica para a súa constitución

Co propósito de acompañar a aquelas persoas que decidan crear unha asociación, organizamos a información relevante nas seguintes etapas: 

Que é unha asociación?  

As asociacións son agrupacións de persoas constituídas para realizar actividades colectivas de forma estable, organizadas democraticamente, sen ánimo de lucro.

I. Persoas promotoras ou fundadoras.

Para a súa constitución, serán necesarias tres ou máis persoas físicas ou xurídicas, que se denominan “promotoras” ou “fundadoras” e que deberán outorgar a acta de constitución e aprobar os estatutos da asociación.

II. Inscrición rexistral. 

As asociacións teñen personalidade xurídica desde o momento mesmo da súa constitución.

A súa inscrición nun rexistro público supón unha serie de garantías, tanto para a propia asociación como para a sociedade en xeral, e ten como función dar resposta ao requisito de publicidade das asociacións constituídas.

Ademais, existen diversos feitos que se suceden durante súa existencia que son inscribibles, e pode velo no apartado de Rexistros.

III. Denominación das asociacións.

As asociacións só poderán ter unha denominación. As siglas ou nomes abreviados que se engadan formarán parte da denominación única.

A denominación poderá expresarse en algunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén poderá ser en calquera idioma estranxeiro. De estimalo necesario, o rexistro poderá requirir á asociación un certificado de tradución da denominación.

En todo caso, a denominación estará formada por letras do alfabeto latino e, de incluír cifras, estas só poderán expresarse en números arábigos ou romanos.

O Ministerio de Interior pon á nosa disposición un buscador de denominacións sociais de asociacións para que podamos comprobar que o nome elixido estea libre.

IV. Establecer a área de actividade e obxecto social.

Hai que deixar claro o que se fará, que colectivos ou segmentos sociais serán aos que se apoie, así como as maneiras concretas nas que se prevé realizar esta axuda. Por suposto, o obxecto social polo que se constitúe a asociación deben estar dentro da legalidade vixente, é dicir, non se poderá crear unha asociación por unha actividade que sexa ilegal ou que constitúa un delito.
É importante establecer o ámbito de actuación da asociación, podendo ser local, comunitario ou nacional. Hai que ter en conta que dependendo do ámbito será necesaria a inscrición da asociación nun ou outro tipo de rexistro.

As asociacións poden pertencer a diferentes ámbitos: veciñais, culturais, sociais, ambientais, recreativos, gastronómicos, etc.

A lexislación vixente establece para a súa creación o acordo de constitución da asociación, que incluirá a aprobación dos estatutos, formalízase mediante acta fundacional, en documento público ou privado. As asociacións, unha vez constituídas, deberán inscribirse no rexistro de asociacións para os efectos de publicidade.

Documentación a presentar:
  1. Solicitude de inscrición inicial formulada por unha das persoas fundadoras da asociación e dirixida ao rexistro competente. No caso de que a solicitude sexa formulada por outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
  2. Acta fundacional:(modelo acta.docx – modelo acta.odt)  un exemplar orixinal asinado por todas as persoas promotoras ou fundadoras, no que consten os seguintes datos:
    • Nome e apelidos das persoas promotoras da asociación, se son persoas físicas; a denominación ou razón social se son persoas xurídicas; e en ambos os casos a nacionalidade, domicilio e documento de identidade.
    • Expresión da vontade de constituír unha asociación, e a denominación desta, que será coincidente coa sinalada nos estatutos.
    • Lugar, data e sinatura das persoas promotoras ou, no caso de persoas xurídicas, dos seus representantes.
    • Identificación das persoas que integran o órgano provisional de representación ou xunta directiva.
  3. Estatutos (modelo acta.docx – modelo acta.odt): un exemplar orixinal, asinado por todas as persoas promotoras ou fundadoras, redactado co contido mínimo establecido no art. 7 da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo.
  4. Outra documentación (modelo do acordo de constituir a asoc.docx, modelo do acordo de constituir a asoc.odt ):
    • No caso de promotores persoas xurídicas, deberán presentar certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que conste a vontade de constituír a asociación, formar parte dela e designación da persoa física representante, que será coincidente coa que participe no acto constitutivo.
    • No caso de promotores/as menores non emancipados/as maiores de catorce anos, deberán acreditar documentalmente o consentimento da persoa que deba suplir a súa capacidade, sen prexuízo do réxime xurídico previsto para as asociación infantís, xuvenís ou de alumnos/as.
  5. Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas promotoras.
  6. Copia do NIF da asociación
  7. Xustificante do pago da taxa.
  8. Que Rexistro che toca?.

As asociacións adquiren personalidade xurídica desde o mesmo momento do pacto asociativo formalizado no acta constitutiva e, por tanto, desde ese momento son persoas xurídicas. Isto significa que as asociacións deben utilizar sistemas electrónicos para presentar tanto as solicitudes de inscrición como as solicitudes de utilidade pública, da mesma forma que deben ser aptas para recibir as correspondentes notificacións administrativas por medios electrónicos.

Os estatutos regulan a organización e o funcionamento da asociación ao longo da súa vida e durante o desenvolvemento da súa actividade, tanto a nivel interno e como externo. Forma parte inherente do acta constitutiva. Debe facerse constar, como mínimo, os extremos previstos no artigo 7 da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, que, á súa vez, prescribe que conterán: 

  1. Denominación da asociación, que non poderá ser idéntica ao doutras asociacións xa rexistradas, nin tan semellante que poida inducir a confusións.
  2. Fins que se propón a asociación.
  3. Dirección social.
  4. Ámbito territorial no que se desenvolverán principalmente as súas funcións.
  5. Órganos de goberno e administración.
  6. Requisitos e procedemento de admisión de socios, clases de socios,  supostos e procedemento de perda da condición de socio.
  7. Réxime sancionador.
  8. Dereitos e deberes dos socios.
  9. Patrimonio fundacional e réxime orzamentario da asociación.
  10. Procedemento de modificación dos Estatutos.
  11. Supostos de disolución e aplicación que teña que darse ao patrimonio social cando esta prodúzase.

Exemplo dun Modelo Xeral Estatutos da Asociación

A modificación de estatutos que afecte o contido require do acordo da asemblea xeral, que soamente produce efecto, tanto para asociados como para os terceiros, desde o momento da súa inscrición no Rexistro de Asociacións.

 

Coa asociación constituída o seguinte paso é darse de alta nos seguintes rexistros: Rexistro Nacional de Asociacións e no  Rexistro Galego de Asociacións , da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. (Procedemento PR308A)

A súa inscrición nun rexistro público supón unha serie de garantías, tanto para a propia asociación como para a sociedade en xeral, ten como función dar resposta ao requisito de publicidade das asociacións constituídas.

Así mesmo, comporta diversos beneficios: ás persoas asociadas, en canto á súa responsabilidade patrimonial, xa que a inscrición supón a separación entre o patrimonio da asociación e o patrimonio das persoas asociadas (art. 10.4 e 15 da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación), e ao resto da sociedade, porque a inscrición é garantía de que os fins da asociación son lícitos e o seu funcionamento democrático.

Despois dos estatutos e asinada a acta de constitución o seguinte é obter o número do CIF dando de alta á asociación en Facenda.

Documentación para obter o CIF:

  • Copia Estatutos e copia da Acta Fundacional (debidamente selados).
  • Modelo 036 debidamente cuberto e asinado.

Unha vez rexistrada na Axencia Tributaria o seguinte paso é abrir unha conta bancaria. (De preferencia en caixas por non pedir xuros).

Con esto xa temos un CIF e a Asociación xa pode comezar a súa actividade.

Os modelos e formularios dos distintos rexistros os podedes atopar na seccion recursos, outras, ferramentas, catálogo de materiais.

Hai unha serie de rexistros e institucións que poder ser interesante estar inscritos: