Categoría ACTUALIDADE

 FESTA DA COCA REDONDELA 2025

🎉Do 18 ao 22 de xuño Redondela prepárase para vivir as Festas da Coca 2025!
A vila encherase de tradición, música e cor cunha programación chea de actividades para todos os públicos.
📣 Animamos ás asociacións e á veciñanza a achegarse e desfrutar dunha festa única, declarada de Interese Turístico de Galicia. 💃🐉

AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS E PRIVADAS DEPENDENTES DE INSTITUCIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

Xa está aberta ata o 31 de xullo a convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para apoiar o funcionamento destas escolas durante o primeiro semestre de 2025. Tes unha escola de música vinculada a unha asociación ou fundación sen ánimo de lucro? Se a túa entidade promove a formación musical e cumpre cos requisitos, podes solicitar ata 9.000 € para cubrir gastos docentes, nóminas, materiais e moito máis.

FESTA DA ROSA MOS 2025

Dendo o 12 ao 29 de Xuño! Mos énchese de cor, alegría e tradición coa Festa da Rosa 2025! Achégate a gozar dunha programación para todos os públicos e participa nos concursos organizados polas asociacións do noso concello. Hai premio, diversión... e moito corazón!

PROGRAMA “PROVINCIA +INCLUSIVA” 2025

Aberta ata o 06 de xullo a nova convocatoria destas axudas nacen para apoiar ás entidades sociais na creación de espazos e comunicacións accesibles para todas as persoas.
Un paso máis cara á inclusión real na nosa provincia.
O programa “Provincia +Inclusiva” 2025 aposta por un futuro sen barreiras.

AXUDAS PARA PROXECTOS DE COOPERACIÓN CULTURAL EN ZONAS RURAIS

Ata o 01 de xullo se tes unha idea cultural que une, transforma e medra dende o territorio, este é o teu momento. As Axudas para proxectos de cooperación cultural en zonas rurais buscan iniciativas que aposten pola innovación compartida, o traballo en rede e a participación cidadá. Xuntas, pequenas accións poden cambiar o mapa cultural do rural galego. Solicita a túa axuda e forma parte do cambio.