Categoría ACTUALIDADE

CAMPAÑA DE DIFUSIÓN DE VOLUNTARIADO

Prazo aberto todo o ano. A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia vén de lanzar unha campaña de voluntariado baixo o lema "Algún voluntario para...?" ou "Algunha voluntaria para...? Dá o paso! Fai voluntariado e saca o mellor de Galicia e de ti".

SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMIENTO DO PROGRAMAS DE APOIO A MULLERES NOS ÁMBITOS RURAL E URBANO 2023.

Prazo pechado!! Publicadas as bases reguladoras das subvencións a entidades sin ánimo de lucro destinadas ao financiamento do proxectos de capacitación e inserción laboral de mulleres nos ámbitos rural e urbano, cunha duración máxima de 12 meses. As mulleres participantes no programa deberán residir preferentemente en municipios de Galicia de menos de 5.000 habitantes.

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ 2023

Se formas parte dunha entidade ou asociación de carácter social sen ánimo de lucro con sede en Vigo, estas axudas pódenche interesar! O Concello de Vigo convoca subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá para o ano 2023, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía.

AXUDAS A  CONTRATACIÓN, POR PARTE DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, DE MULLERES VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

A Xunta de Galicia convoca subvencións para a contratación, por parte das entidades sen ánimo de lucro, de mulleres vítimas violencia de xénero, ao abeiro do disposto na Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de 12 mensualidades para mellorar e facilitar a súa inserción laboral coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.