O sábado 14 de setembro, de 12:00 a 20:00 horas, celebrarase a Feira #ESDOMAR no porto de Canido,iniciativa, desenvolvida no marco do proxecto “EU SON ECONOMÍA SOCIAL DO MAR”, liderado pola Fundación FUNDAMAR, en colaboración coa Confraría de Pesca de Vigo, e grazas ao apoio da REDE EUSUMO, da Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.Non perdas a ocasión de vir.Agardámoste.
A feira ESDOMAR é un evento que reunirá a máis de 15 entidades da contorna para poñer en valor as iniciativas de Economía Social no sector marítimo-pesqueiro e promete unha xornada chea de actividades para toda a familia.Trátase dunha oportunidade única para coñecer de preto o traballo que están a realizar as entidades de economía social no noso territorio, promovendo un modelo económico máis xusto, solidario e respectuoso co medio ambiente.
Durante o evento, as persoas que se acheguen poderán gozar dunha ampla variedade de actividades que inclúen música en vivo,obradoiros para os máis pequenos, e charlas para todos os públicos que lles permitirán coñecer de preto as diferentes iniciativas de economía social. Ademais, a feira contará con postos de artesanía de produtos elaborados por entidades do sector e colectivos en risco de exclusión.
A mais, a feira contará cunha polbeira e outras opcións gastronómicas nun ambiente festivo e acolledor.