O 14 de xuño o Centro Social A Nubeira deuse a coñecer como proxecto que busca ofrecer un espazo de convivencia para toda a cidadanía.Trátase dun centro social autoxestionado, que ten como obxectivo dinamizar a cidade.
Xurdiu a partir dunha convocatoria en redes sociais o 12 de xaneiro de 2024 que logrou xuntar a máis de cen persoas nunha primeira asemblea a partir de finais do ano 2023.
Preséntanse dicindo que “O punto en común é a convivencia, somos un espazo transfeminista, antifascista e ecoloxista caracterízado por unha notable perda de tecido asociativo e cultural”. Para as persoas impulsoras desta iniciativa, a perda de tercido asociativo e cultural da cidade, “nótase especialmente canto máis nos achegamos ao centro da cidade, que está cada vez máis pensado para o turismo e as empresas e menos para a xente que vivimos en Vigo”. Algo no que coinciden desde o colectivo de artistas musicais Grupos de Vigo en Loita, que colabora co evento. Teñen exemplos dabondo: os peches de diferentes locais de ensaio públicos nos últimos anos, como Vigosónico, a Casa da Xuventude ou Súbete ao Castro.
Xorde como unha resposta a unha necesidade, a de xerar un punto de encontro que non responda a intereses privados nin administrativos, un espazo da xente. O grupo motor está composto por persoas que proceden de movementos sociais e culturais. “crear un espazo de encontro para a veciñanza e os movementos sociais á marxe das institucións, un espazo transformador que non existe a día de hoxe en Vigo”.
Con este proxecto, pretenden recadar un fondo para poñer en marcha. E é que A Nubeira atopase agora mesmo en proceso de búsqueda. Sitúase na rúa de Churruca.
“O espazo determinará ás actividades”, apuntan. Porque non se trata dun local que propoña unha axenda, se non que as propias persoas que estean asociadas poderán empregar A Nubeira como un espazo propio. De modo que quenes procedan do teatro poderán presentar alí os seus espectáculos, igual que quenes practiquen ioga poderán compartir alí a súa paixón ou o que sepa de música atopará alí unha sala de concertos.
Para formar parte deste espazo, tan só é necesario formalizar unha cota, que é totalmente variable e adaptable ás circunstancias de cada persoa.