ASEM Galicia é a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, unha entidade sen ánimo de lucro, con 30 anos de historia, que foi declarada de Utilidade Pública. O próximo día 28 de setembro ás 11 horas en Santiago de compostela tes unha cita.
Con 30 anos de traxectoria, a Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares, ASEM Galicia, foi eloxiada polo seu incansable apoio ás persoas con enfermidades neuromusculares en Galicia. A asociación foi recoñecida xunto a outras figuras e entidades que contribuíron significativamente ao avance dla neuroloxía. O seu compromiso coa mellora da calidade de vida e a promoción da investigación en enfermidades neuromusculares foi especialmente destacado, así, ASEM Galicia recibiu o Premio SEN 2023.
Contan con diferentes profesionais especializados en Enfermidades Neuromusculares (neurólogos, xenetistas, dietistas, fisioterapeutas…), que mostran o seu apoio en xerar conciencia sobre a importancia do estudo das enfermidades raras. Técnicos especializados na área social (prestacións económicas, certificado de discapacidade, lei de dependencia…) e, ademáis, contan cun área importante de terapia ocupacional, có obxectivo de mellorar a autonomía persoal das persoas afectadas (evaluar o fogar para a adaptación escolar en nenos, asistencia e tratamento…).
Dispoñen dun banco de produtos de apoio (préstamo gratuito de axudas técnicas). Son produtos que melloran a calidade de vida das personas dependentes en varios ámbitos da súa vida diaria; no día a día, para camiñar, para xantar, para a hixiene, etc e son produtos que foron previamente DOADOS a asociación, para que a persoa que o desexe poida dispoñer do seu uso.
Ofrecen ademáis atención psicolóxica especializada individual e en grupo, ademáis dun servizo de fisioterapia, para mellorar as capacidades funcionais das persoas que padecen algunha ENM (Enfermidade Neuromuscular) e previr limitacións. Para isto teñen convenios con diferentes centros de rehabilitación.
Con todo, celebran o seu 30º Aniversario na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela o día 28 de setembro en horario de 11:00 horas ata 14:00 horas.
Se queres saber máis acerca desta Asociación deixámoste a ligazón á súa páxina web.