Estas axudas están dirixidas a que mediante a investigación e a innovación, se fomente o desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación, preferentemente relacionadas co sector secundario, que poidan dar lugar a xeración de emprego e permitan:
• Facilitar a adquisición de experiencia no ámbito da investigación e a innovación en sectores de interese para o emprego en Vigo e Galicia.
• Fomentar as actividades ocupacionais e informativas de cara a unha integración laboral.
• Fomentar a investigación e o desenvolvemento de proxectos que melloren a actividade económica, preferentemente do sector secundario, cara a incidir na mellora real e o incremento do emprego.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán concorrer a esta convocatoria pública as entidades sen ánimo de lucro que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA) con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria.
Requisitos
- Ter sede ou delegación en Vigo.
- Estar inscrito no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA).
- Desenvolver actividades de investigación e innovación no sector cunha antelación mínima de 6 meses á convocatoria.
- Ter a estrutura e capacidade suficientes para executar o proxecto.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Presentar a documentación requirida.
Exclusións
Non serán subvencionadas actividades de:
- Propaganda política ou doutrinal.
- Programas docentes regulados.
- Proxectos sen interese xeral ou que non se axusten aos obxectivos da convocatoria.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Custos salariais e da Seguridade Social do persoal contratado.
- Gastos financeiros e de xestión de proxectos.
- Difusión, publicidade e asistencia a eventos.
- Aluguer de locais e maquinaria.
- Transporte e material necesario para o proxecto.
- Inscricións en feiras e congresos.
Gastos NO subvencionables
Multas, xuros, indemnizacións por despedimento, horas extraordinarias ou vacacións non realizadas.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Como criterios xerais de valoración para o outorgamento das subvencións, terase en conta:
- Calidade e viabilidade técnica e económica do proxecto. Ata 20 puntos.
- Áreas económicas relacionado co proxecto (só se puntuará por unha das áreas, a prioritaria do proxecto):
- Tecnoloxías da comunicación 5 puntos
- Automoción 5 puntos
- Industria naval 5 puntos
- Enerxías renovables 5 puntos
- Biotecnoloxía 4 puntos
- Outras áreas e/ou sectores 2 puntos
- Uso da lingua galega no/s proxecto/s 5 puntos.
- Número de persoas contratadas con cargo a esta subvención: 1 punto por cada contrato.
- Número de persoas participantes no proxecto, aínda que non estean contratadas Ata 20 puntos
CONTIA
O importe máximo da subvención ou axuda será de 15.000,00 €, e en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custe da actividade ou actuación subvencionada.
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentacion da solicitude ata o 21 de abril do 2025
MÁIS INFORMACIÓN
Consulte
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.