Obxectivo
Conceder, en réxime de concorrencia competitiva, axudas económicas para o desenvolvemento de proxectos relacionados coa investigación, a innovación e o emprego a entidades sen ánimo de lucro, que se realizasen como máximo entre o 1 agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024.
Beneficiarios e requisitos
Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarias as entidades, sen ánimo de lucro, que reúnan os seguintes requisitos:
- Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
- Que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA) con anterioridade a data de 24 de xuño de 2024.
- Que, teña como finalidade o obxectivo citado anteriormente, e que veñan desenvolvendo actividades de investigación e innovación en proxectos relacionados coa industria, cando menos 6 meses antes da publicación da convocatoria.
- Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acrediten a experiencia e capacidade necesaria para acadalos.
- Que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e coa Seguridade Social.
- Acompañar á solicitude a documentación preceptiva detallada na Base novena.
- Que as persoas físicas que ostentan a representación legal das entidades beneficiarias e os seus membros asociados, non estean incursas nalgún dos supostos de prohibición ou circunstancias previstas no art. 13 da LXS que impiden acadar a condición de beneficiario/a.
Accións subvencionables
Desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación, preferentemente relacionadas có sector secundario, que poidan dar lugar a xeración de emprego e permitan:
- Facilitar a adquisición de experiencia no ámbito da investigación e a innovación en sectores de interese para o emprego en Vigo e Galicia.
- Fomentar as actividades ocupacionais e informativas de cara a unha integración laboral.
- Fomentar a investigación e o desenvolvemento de proxectos que melloren a actividade económica, preferentemente do sector secundario, cara a incidir na mellora real e o incremento do emprego.
Gastos subvencionables
Considéranse gastos subvencionables os realizados dentro dos prazos establecidos na convocatoria entre o 1 agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024 derivados específicamente das contratracións de persoal e gastos de funcionamento realizadas para o desenvolvemento das actividades programadas, e que teñan acomodo no obxecto de convocatoria:
- Custos salariais derivados do persoal contratado e/ou da entidade con cargo a subvención.
- Custos de seguridade social a cargo da entidade do persoal contratado e/ou da entidade con cargo a subvención.
- Gastos financieiros e de xestión relacionados coa posta en marcha do proxecto presentado.
- Gastos de difusión, publicidade e asistencia a eventos.
- Gastos de aluguer de locais e maquinaria.
- Gastos de compoñentes necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
- Gastos de transporte necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
- Gastos de inscrición en feiras, competicións, simposios, xornadas …, co obxecto de expoñer e/ou compartir coñecementos e execución do proxecto innovador.
- En xeral todos aqueles necesarios para a execución do proxecto ou proxectos presentados.
Non serán subvencionables:
- Intereses, recargos e sancións administrativas e penais.
- Os gastos de procedementos xudiciais.
- Tampouco se considerarán como gastos subvencionables incluídos entre os custos salariais obxecto da subvención, os seguintes:
- A indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores.
- Os incentivos e complementos extrasalariais que non formen parte da base de cotización.
- As vacacións pagadas, pero non desfrutadas.
- As horas extras ou traballos realizados fóra da xornada habitual de traballo.
En ningún caso, o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
Incompatibilidades e concorrencia
Estas subvencións serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou organismos internacionais.
Criterios de valoración
Como criterios xerais de valoración para o outorgamento das subvencións, terase en conta:
- Calidade e viabilidade técnica e económica do proxecto. Ata 20 puntos.
- Valorarase o proxecto de actividades, atendendo ás mesmas de maneira individual e tendo en conta:
- Que sexan capaces de xerar grupos de innovación na actividade económica de Vigo e o seu entorno, ou programas estables de innovación e investigación fronte a accións puntuais. 9 puntos.
- Que se baseen na análise das necesidades existentes no entorno económico e laboral e, que teñan viabilidade técnica. 6 puntos.
- Colaboración, coordinación e concertación dos proxectos con outras entidades asociativas e aposta pola promoción de alianzas e do traballo en rede. 5 puntos.
2. Áreas económicas relacionado co proxecto:
- Tecnoloxías da comunicación. 5 puntos
- Automoción 5 puntos
- Industria naval 5 puntos
- Enerxías renovables 5 puntos
- Biotecnoloxía 4 puntos
- Outras áreas e/ou sectores 2 puntos
3. Uso da lingua galega no/s proxecto/s 5 puntos
4. Número de persoas contratadas con cargo a esta subvención: 1 punto por cada contrato.
Contía
A contía total destinada a estas subvencións serán como máximo de 40.000 € (corenta mil euros), que se imputarán con cargo á partida 2410 4800008 “Axudas desenvolvemento de proxectos investigación relacionados ca investigación”, dos orzamentos xerais do Concello de Vigo.
- O importe máximo da subvención ou axuda será de 15.000,00 €, e en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custe da actividade ou actuación subvencionada.
- A concesión da subvención non xerará ningún dereito á percepción da mesma en futuras convocatorias.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 24 de xuño de 2024 e rematará o 5 de xullo de 2024.
Máis información
Acceso ó trámite de procedemento
Código de procedemento: BDNS: 769262
Consulta a Base Reguladora das subvencións para o fomento do emprego mediante proxectos relacionados coa investigación, a innovación e o emprego.
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais