SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Se eres unha entidade sen ánimo de lucro que opere no movemento veciñal e traballe no ámbito sociocomunitario, da participación cidadá e das relacións cidadáns, isto interésache!
Obxecto

Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás asociacións veciñais e sociedades culturais, sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, constituídas legalmente como tales, para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía.

Beneficiarios e requisitos

As entidades, sen ánimo de lucro, inscritas nos epígrafes 10.1 e 10.5 do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que operen no movemento veciñal e traballen no ámbito sociocomunitario, da participación cidadá e das relacións cidadáns, agás as excepcións reflectidas na base primeira, e que reúnan os seguintes requisitos: 

  1. Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
  1. Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos anteriormente.
  1. Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesarias para acadalos. Para dar cumprimento a este requisito, a persoa que ostente o cargo de secretario/a deberá achegar unha certificación nos que se contemplen estes términos.
  1. Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo nos termos establecidos na Base 6.2.1 desta convocatoria.
  1. Que se atopen ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e fronte á Seguridade Social. O/s interesado/s poderá/n autorizar, expresamente, ao Concello de Vigo a consulta e verificación automática do cumprimento de obrigas tributarias e coa Seguridade Social, para o cal achegarán o Anexo VI cumprimentado e asinado electronicamente. Noutro caso, será preciso achegar a/s oportuna/s certificación/s que acrediten que están ao corrente, nos termos dos artigos 22 do RD 887/2206, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS), e vixentes de conformidade co artigo 23 do mesmo.
  1. Non incorrer as persoas físicas ou entidades ou as persoas que ostentan a representación legal das mesmas, nalgún dos supostos de prohibición o circunstancias previstas no art. 13 da LXS que impiden acadar a condición de beneficiario/a. 
  1. Acompañar á solicitude a documentación preceptiva detallada na base novena desta convocatoria.
  2. Que non exista no orzamento municipal vixente consignación orzamentaria nominativa ao seu favor para a concesión dunha subvención ou axuda directa, é dicir, para a formalización dun convenio de colaboración, coa mesma finalidade que en algún dos supostos do apartado anterior (“Gastos de mantemento e funcionamento, gastos de mantemento de entidades que carezan de local social, equipamento e obras ou adquisición de inmobles”)
Accións subvencionables

Subvenciónanse as accións en relación co fomento do asociacionismo e da participación cidadá, en particular:

  • Contribuír á existencia e funcionamento ordinario das asociacións veciñais e sociedades culturais, para a representación e defensa de intereses xerais e sectoriais. 
  • Potenciar a xeración e continuidade de grupos e programas de actuación estables, sen prexuízo da diversidade de actividades programadas.
  • Fomentar proxectos de actividades, servizos, o emprego de novas tecnoloxías, os programas formativos nas propias sedes das asociación.
  • Apoiar ás entidades asociativas no desenvolvemento dos seus proxectos para o fomento de participación cidadá, nos que se poden incluír actuacións nos campos da cultura, o benestar social, o ocio, o voluntariado e a integración veciñal, en xeral, de contido sociocomunitario.
  •  Potenciar a dinamización social e as relacións da cidadanía a través de actividades de ocio en tempo libre e de promoción da cultura tradicional.
  • Potenciar publicacións periódicas de difusión e información das actividades propias e edición de estudos e investigacións na área de participación cidadá e o asociacionismo.
  • Captar e promover a formación do voluntariado, dinamizando o tecido asociativo.
  • Promover a cohesión social da cidade e da cidadanía, a través de espazos e foros abertos de debate, intercambio de ideas e experiencias para a comunicación social.
  • Programas de sensibilización e ampliación dos recursos propios a través de captación de novos asociados, doazóns e colaboracións.
Gastos subvencionables

A efectos desta subvención considéranse gastos subvencionables, os realizados dende o 16 de novembro de 2023 ata a data de finalización do prazo de xustificación 30 de setembro de 2024, que se revelen como obxectivamente necesarios para que as asociacións poidan cumprir os fins que lle son propios ou derivados especificamente do desenvolvemento das actividades programadas que se pretenden fomentar, os seguintes:

  • Programa I: Gastos de mantemento e funcionamento das entidades veciñais
  • Programa II: Gastos de mantemento de entidades veciñais que carezan de locais municipais en réxime de cesión ou en outras condicións de uso gratuítas
  • Programa III: Gastos en investimento. Equipamento.
  • Programa IV: Gastos en investimento. Obras e adquisición de Inmobles

Se queres saber máis sobre estes gastos podes clicar nesta ligazón.

Incompatibilidades e concorrencia

Estas subvencións serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou organismos internacionais. 

En calquera caso, o importe total da subvención ou subvencións recibidas non poderá superar o da actividade subvencionada.

Non serán compatibles con ningunha outra subvención que, para os mesmos Programas subvencionables na presente convocatoria (fomento das actividades vía mantemento, investimento en equipamento e/ou investimento en obras) tivese outorgado a Concellería de Participación Cidadá, nin as solicitadas para a mesma finalidade noutro servizo municipal no vixente exercicio orzamentario.

De existir no orzamento municipal vixente consignación orzamentaria nominativa ao favor dunha entidade para a concesión dunha subvención ou axuda directa, para a formalización dun convenio, para axudar ao financiamento de gastos comprendidos en calquera dos Programas subvencionados, a entidade solicitante non poderá concorrer na presente convocatoria nos referidos Programas.

Contía

 A contía total destinada a estas subvencións para o vixente exercicio orzamentario é de 450.000,00 € (catrocentos cincuenta mil euros), distribuídos do seguinte xeito:

  1. Programas I e II: 250.000 € (douscentos cincuenta mil euros). A subvención por este concepto, non poderá superar, en ningún caso, o límite de 7.000 € no Programa I e 4.000 € para o Programa II.
  1. Programas III e IV: 200.000 € (douscentos mil euros). A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, os 5.000 € en equipamento e no programa de obras o 80% do custe total do proxecto ou, en todo caso, os 15.000 €, agás no caso de obras destinadas a mellorar a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas e similares que poderán acadar o 100% do custe total do proxecto, cun límite, en todo caso, de 19.000 €.
Criterios de valoración

A concesión das subvencións atenderá a criterios obxectivos e tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, previa ponderación das solicitudes recibidas e tendo sempre como límite a dispoñibilidade orzamentaria da Área de Participación Cidadá destinadas para tal fin no presente exercicio. 

Como criterios xerais de valoración para o outorgamento das subvencións dos distintos programas, terase en conta:

  1. Traxectoria e antigüidade da entidade.- Ata 10 puntos.
  2. Representatividade e área de influencia.- Ata 5 puntos.
  3. Capacidade económica, suficiente e axeitada da entidade para xestionar as propostas presentadas.- Ata 10 puntos.
  4. Calidade e viabilidade técnica e económica do proxecto de actividades.- Ata 25 puntos.

Valoraranse o programa das actividades realizadas ou previstas dentro do período subvencionable , atendendo ás mesmas de maneira individual e tendo en conta:

  1. Que sexan capaces de xerar grupos ou programas estables fronte a accións puntuais. Duración media das actividades programadas (máximo 8 puntos).
  2. O número de actividades desenvolvidas ou previstas dentro do período subvencionable (máximo 8 puntos).
  3. Que os programas inclúan contidos e métodos socioculturais e/ou socioeducativos de carácter formativo, entendendo como actividades formativas aquelas actividades programadas co fin de mellorar coñecementos, habilidades ou competencias de maneira activa e dinámica, excluídas as de carácter deportivo, artísticas ou musicais.
  4. Avaliarase positivamente o emprego da lingua galega na realización das actividades que fundamentan a concesión da subvención (máximo 2 puntos).
  5. Colaboración, coordinación e concertación dos proxectos con outras entidades asociativas e aposta pola promoción de alianzas e do traballo en rede (non se computan as colaboracións con outras Administracións públicas).
  6. Calidade e viabilidade técnica e económica das propostas.- Ata 30 por Programa.
  7. Colaboración das entidade coa acción da Administración Local. Ata 20 puntos
  8. Xustificación das subvencións.- Ata 10 puntos

Deixamos a ligazón para máis información acerca destes criterios.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o   26 de setembro de 2024 e rematará o 16 de outubro de 2024.

Máis información

Consulta as Bases Reguladoras das Subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá para o ano 2024

Código de procedemento: BDNS: 786623

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou mandando un correo electrónico ó enderezo obradoiro.emprego@maiv.org.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *