Subvencións a asociacións sen ánimo de lucro para actividades de educación ambiental relacionadas coa sustentabilidade dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.
Beneficiarios
Poden solicitar estas subvencións as asociacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus fins a conservación da natureza, a protección do ambiente, a educación ambiental ou o voluntariado ambiental. Ademais, deben cumprir os seguintes requisitos:
- Ter o domicilio e desenvolver as súas actividades en Galicia.
- Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
- Estar ao día coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración da Xunta de Galicia.
- Só se pode presentar unha solicitude por cada zona hidrográfica. Se unha asociación presenta máis dunha, só se considerará a primeira.
Requisitos adicionais
As entidades deben acreditar a súa situación legal e fiscal mediante documentación específica.
Actividades subvencionables
Poden financiarse os seguintes gastos sempre que sexan necesarios para a actividade:
- Material divulgativo e publicidade.
- Gastos de persoal, incluíndo contratación específica (máximo 75 % da subvención).
- Alugueiro de salas.
- Desprazamentos (máximo 3 % da subvención).
- Material funxible e consumibles de informática.
- Gastos de xestión e administración (máximo 10 % da subvención).
- IVE, se non é recuperable.
Outros datos sobre as accións subvencionables.
Non son subvencionables
- Gastos financeiros.
- Adquisición de material inventariable, obras ou reformas.
- Gastos xerais como luz, auga, teléfono ou mantemento web
Contía
A dotación total da convocatoria é de 200.000 €, distribuída da seguinte forma:
- 60.000 € para a zona hidrográfica Galicia-Sur.
- 60.000 € para a zona hidrográfica Galicia-Centro.
- 60.000 € para a zona hidrográfica Galicia-Norte.
- 20.000 € para a zona hidrográfica Mariña.
Outorgarase unha única subvención por cada zona hidrográfica da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.
A subvención cubrirá o 100 % dos gastos subvencionables, pero sen superar o custo real da actividade.
Prazo
Dende o 27 de febreiro ata o 26 de marzo.
Máis información
Consulta:
Código de procedemento: AU301G
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.