Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade
BENEFICIARIOS:
Poderanse acoller ás subvencións as sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego que cumplan os seguintes requisitos:
- Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter presentadas as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.
- No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobado o balance e conta de resultados pola súa asemblea xeral.
- Acreditar unha antigüidade de 42 meses, que se computará desde a data de inscrición da entidade solicitante no correspondente rexistro administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia. Excepcionalmente, tamén poderán ser beneficiarias aquelas cooperativas que, estando actualmente inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia, acrediten ter estado inscritas no Rexistro Central de Cooperativas do Ministerio de Traballo e Economía Social cunha antigüidade de 42 meses e ter cambiado de ámbito.
- Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
- Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
- Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
Exclusións:
Non poden ser beneficiarias:
- Entidades sancionadas con perda do dereito a subvencións.
- Entidades que xa obtivesen esta axuda na convocatoria de 2024.
Obrigas:
- Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
- Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
- Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
- Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.
- Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda.
- Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
- Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con fondos recibidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).
- Manter, polo menos durante un período de dous anos desde a data da resolución de concesión, unha forma xurídica de entre as elixibles para resultaren entidades beneficiarias da subvención concedida, así como a actividade empresarial.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
- Equipamento informático
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial
- Mellora da eficiencia enerxética
- Adquisición de equipamento
- Reforma do centro de traballo
- Mobiliario
- Obtención de certificacións de calidade
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa
- Plan de protección de datos
- Elementos de transporte
- Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estén dados de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA)
CONTÍA
A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:
- 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3,8,9 e 10 do apartado anterior
- 600 € para cada actividade formativa que realice cada persoa socia da
O límite máximo das axudas establécese en 30.000 € por cada entidade solicitante. No caso de que se solicite unha contía superior, concederase de acordo coa orde de prelación establecida no artigo 6 desta orde.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, dende o 21 de febreiro ata o 21 de abril.
Máis información
Consulta a:
Acceder ao procedemento de tramitación:
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.