SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DURANTE O EXERCICIO DAS CONFRARÍAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2024

Prazo pechado!! Descubre estas subvencións destinadas a financiar os investimentos e gastos correntes referidos as actividades propias das confrarías de pescadores e pescadoras, á Federación de Confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra.
Obxecto

Financiar os investimentos e gastos correntes do sector pesqueiro permitindo que as confrarías teñan influencia en diferentes aspectos do desenvolvemento sostible, principalmente no ámbito local.

Beneficiarios

Confrarías de pescadoras e pescadores, a Federación de Confrarías ou as agrupacións de mariscadoras legalmente constituídas e que pertenzan á provincia de Pontevedra. 

Os investimentos subvencionados deberán manterse durante un período mínimo de 4 anos. 

Actividades subvencionables

As entidades poden presentar unha solicitude para cada unha das liñas e polo tanto, poderá concedérselles unha subvención por cada unha das liñas solicitadas. 

Liña 1: Investimentos:

  • Material para vixilancia.
  • Elementos de transporte.
  • Equipos informáticos, impresoras, etiquetadoras.
  • Mobiliario.
  • Caixas e palés reutilizables.
  • Construcións.
  • A formación técnica e o asesoramento para desenvolver a actividade das confrarías e da Federación de Confrarías.

Sempre e cando estas actuacións se contabilicen pola entidade beneficiaria en contas contables do grupo de inmobilizado.

Liña 2: Permitirase subvencionar, con carácter extraordinario, actuacións que teñan como obxecto o seguinte gasto corrente:

  • Combustible e electricidade.
  • Adquisición de semente de moluscos bivalvos.
  • Gastos de persoal.
Criterios de valoración
  • Número de socios e socias da entidade: ata 20 puntos. 
  • De 0 a 100: 10 puntos
  • De 101 a 300: 15 puntos
  • Máis de 300: 20 puntos 
  • Porcentaxe de mulleres que integran os órganos reitores da entidade solicitante: ata 20 puntos. 
  • Do 10%  ao 30%: 5 puntos
  • Do 31% ao 49%: 10 puntos 
  • Do 50% ao 60%: 15 puntos 
  • Máis do 60%: 20 puntos
  • Adecuado cumprimento e xustificación de anteriores subvencións: ata 15 puntos. 
  • Cumprimento e xustificación do 100% do orzamento: 15 puntos.
  • Cumprimento e xustificación do 50% do orzamento: 5 puntos.
  • Cumprimento e xustificación de menos do 50%: 0 puntos. 
  • Investimentos en proxectos para as mariscadoras: 
  • Si: 25 puntos
  • Non: 0 puntos
Contía

Esta axuda conta cun crédito total de 250.000€ divididos en 75.000€ para investimentos e 175.000€ para gastos correntes.

A porcentaxe máxima subvencionable será de 80% do orzamento. 

Limitacións:

  • Importe do orzamento de gastos: máximo 40.000€ 
  • Importe da subvención mínimo de 600€ e máximo de 20.000€ 
Prazo

 Ata o 7 de xuño.

Máis información 

Consulta as Bases para a concesión de subvencións ás cofrarías de pescadoras e pescadores, federación de cofrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2024

Acceso ó código de procedemento:

  • Código de procedemento: 750588

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *