SUBVENCIÓNS PARA FOROS DE EMPREGO

Prazo pechado!! Estás pensando en organizar unha actividade para facilitar á xuventude a enfrontarse ó mundo empresarial? Grazas a estas subvencións podes facelo!
Obxecto

  O Concello de Vigo concede, en réxime de concorrencia competitiva, axudas dirixidas ao fomento do emprego mediante a celebración de congresos, seminarios, xornadas u calquera outro de igual ou similar natureza de xeito que se cree un punto de encontro entre a comunidade xuvenil, especialmente alumando e persoas recen tituladas, e o mundo empresarial, no que se promova a transferencia de coñecemento sobre o estado do mercado laboral como fonte de mellora da competitividade e impulsar a detección de novas oportunidades, mercados e vías de negocio ou de colaboración, ademais do achegamento do mundo empresarial e a sociedade á mocidade de Vigo.

Beneficiarios e requisitos

  Con carácter xeral, poderán acceder á condición de beneficiarios das subvencións as entidades e institucións públicas sen ánimo de lucro, cós seguintes requisitos:

  • Que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), fundacións e institucións de dereito público do ámbito educativo, e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo.
  • No caso de entidades sen ánimo de lucro deberán atoparse debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria.
  • Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas bases.
  • Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesarias para acadalos.
  • Carecer a súa actividade de fins de lucro.
  • Que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e coa Seguridade Social. O/s interesado/s poderá/n autorizar, expresamente, ao Concello de Vigo a consulta e verificación automática do cumprimento de obrigas tributarias e coa Seguridade Social, para o cal achegarán o Anexo IV cumprimentado e asinado electronicamente.
  • Non atoparse comprendido en ningún dos supostos recollidos no artigo 13, apartados 2 e 3, da Lei 38/2003, de 17 de novembro Xeral de Subvencións.
  • A xustificación por parte dos solicitantes de non atoparse incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiarios realizaráse na forma establecida no artigo 13,7 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, e no Título Preliminar, capítulo III, sección 3 do Regulamento da citada Lei Xeral de Subvencións, aprobada polo RD 887/2006, de 21 de xullo.
Gastos subvencionables

Considerase gastos subvencionables, os seguintes:

  1. Gastos de secretaría técnica do evento: Coordinación do evento, convocatoria e rexistro de asistentes, protocolo.
  1. Gastos directos dos poñentes, tales como dietas, transporte, aloxamento.
  1. Gastos de sede e equipamentos coma: alugueiros de locais, salóns, carpas e similares; iluminación, megafonía e servizos audiovisuais; rotulación exterior e interior do evento, paneis e carteis indicativos.
  1. Gastos de Persoal ao servizo do evento: servizo de azafatas, tradución simultánea, guías turísticos ou similares.
  1. Gastos de Servizos técnicos e profesionais: imaxe e creatividade do evento e as súas adaptacións, web do evento, plataformas dixitais o virtuais para a súa difusión e/ou emisión, apps específicas para o evento, material promocional en calquera soporte, publicidade, memorias e similares.
Incompatibilidades e concorrencia

  Estas subvencións serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou organismos internacionais.

  As entidades beneficiarias deberán comunicar ao Concello de Vigo a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada.

  En calquera caso, o importe total da subvención ou subvencións recibidas non poderá superar o da actividade subvencionada.

Criterios de valoración

  Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables, e os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación do importe a conceder serán os seguintes:

1.— Calidade do proxecto (máximo 74 puntos):

  • Alcance, isto é a capacidade do evento de impacto fora do Concello de Vigo, apoiado por difusión a nivel nacional e internacional. (máximo 10 puntos).
  • Duración, entenderase por xornada aos efectos das presentes bases, a correspondente a 5 horas. No suposto de actuacións realizadas ao longo do ano de xeito descontinuo e por períodos de tempo inferiores a xornada establecida o cómputo realizarase mediante a suma da totalidade das horas prevista entre o número de horas dunha xornada (máximo 8 puntos).
  • Relación de poñentes (máximo 16 puntos).
  • Número de poñentes nacionais.
  • Colaboración con outras entidades públicas ou privadas para o desenvolvemento do evento (máximo 10 puntos).
  • Actividades complementarias (talleres, mesas redondas, …) (máximo 10 puntos).
  • Fomento do voluntariado no evento: 2 puntos.
  • Medidas ou accións de inclusión para o fomento a empregabilidade de persoas con discapacidade: 2 puntos.
  • Entidades participantes no evento mediante a montaxe de stands e realización de actividades de información e asesoramento (máximo 16 puntos).

2.— Experiencia e antigüidade, acreditada do proxecto (máximo 10 puntos):

  • Máis de 3 edicións : 10 puntos
  •  Entre 2 e 3 edicións : 8 puntos
  •  Primera edición: 4 puntos

3.— Número de asistentes previstos, tanto no formato offline coma online. Como base requírense os datos históricos de asistentes en anteriores edicións e a estimación diferenciada da presente edición (máximo 10 puntos).

4.— Achega de recursos propios para os gastos xerais de funcionamento e/o equipamento (ata 6 puntos). Entendese por recursos propios aqueles que a entidade destina ao evento obxecto da subvención provenientes dos seus propios presupostos y e que no poderán ser substituídos por achegas doutras entidades nin incluídos nos gastos subvencionables do evento.

  A porcentaxe de axuda sobre a inversión subvencionable calcularase en base á puntuación que acade o proxecto presentado segundo se detalla de seguido:

PuntosImporte máximo subvención
91-10012.000 €
81-9010.000 €
61-808.000 €
45-606.000 €
31-445.000 €
21-302.500 €
15-201.500 €
Contía

  A contía total destinada a estas subvencións para o exercicio orzamentario (2024) do Concello de Vigo é de 31.000,00€ (Trinta e un mil euros), que se imputarán con cargo á partida. 2410 4800013, denominada “Foros de Emprego”.

Os proxectos e actuacións poderán obter unha subvención máxima de  12.000 euros.

  O importe da subvención ou axuda, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custe da actividade.

Prazo

  O prazo de presentación de solicitudes comezará o 27de maio e rematará o de 7 de xuño de 2024.

Máis información

Consulta as Bases Reguladoras para o desenvolvemento de congresos, xornadas, conferencias, seminarios ou foros para o fomento da contratación de persoas en situación de desemprego 2024

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *