SUBVENCIÓNS PARA FOMENTO DO EMPREGO EN ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2024 NO CONCELLO DE VIGO

Prazo pechado!! Se estás pensando no fomento do emprego e posees a característica de entidade sen ánimo de lucro non dubides en asistir á seguinte axuda.
Obxectivo

Apoiar ás entidades asociativas no desenvolvemento dos seus proxectos para o Fomento da inserción laboral e o Fomento da creación e consolidación do emprego estable e de calidade no municipio.

Beneficiarios

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro.

Requisitos

Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarias as entidades, sen ánimo de lucro, que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
  2. Que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións no epígrafe correspondente, con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria.
  3. Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.
  4. Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesarias para acadalos. (DEBERÁN ACHEGAR CERTIFICACIÓN DA SECRETARÍA DA ENTIDADE)
  5. Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo na convocatoria anterior.
  6. Que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e coa Seguridade Social. 
  7. Que as persoas físicas que ostentan a representación legal das entidades beneficiarias e os seus membros asociados, non estean incursas nalgún dos supostos de prohibición ou circunstancias previstas no art. 13 da LXS que impiden acadar a condición de beneficiario/a.
  8. Que se acompañe á solicitude a documentación preceptiva detallada na Base novena.
  9. Que non exista no orzamento municipal vixente consignación orzamentaria nominativa ao seu favor para a concesión dunha subvención ou axuda directa, é dicir, para a formalización dun convenio de colaboración, para o fomento do emprego.
  10. Que realicen convocatoria pública da oferta de emprego de acordo co establecido na Base 13ª, exceptuándose no suposto de transformación de persoal temporal en indefinido, nestes caso se terá en conta a data de transformación que ven reflectida no documento de comunicación e que se requirirá para a súa comprobación.
Accións subvencionables

Coa finalidade de ter en conta a diversidade e heteroxeneidade das entidades ás que vai dirixida, convócanse os programas que deseguido se relacionan, no cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades.

Programa I“Entidades veciñais e culturais”Epígrafes 10.1 e 10.5.
Programa II“Entidades sociais e asistenciais”Epígrafes 1, 2, 4.1 e 9.1.
Programa III“Organizacións sindicais”Epígrafe 5.1
Programa IV“Entidades empresariais”Epígrafes 5.2
Programa V“Comunidades de Montes”Epígrafe 10.7
Programa VI“Entidades deportivas”Epígrafes 3.0.0, 3.1.1 e 3.1.2
Gastos subvencionables

Destacan como gastos subvencionables os que se detallan nas seguintes liñas:

  • Liña de subvención de fomento do emprego para novas contratacións ou transformacións.
  • Transformacións de contratos temporais en indefinidos.
  • Nova contratación fixa ou fixa descontinua.
  • Mellora da ocupabilidade e inserción laboral.
  • Fomento da estabilidade laboral do persoal contratado ou transformado en fixo ou ou fixo discontinuo nas convocatorias 2022 e 2023.
  • Outros gastos subvencionables.

Detállanse con máis características nesta ligazón.

Incompatibilidades e concorrencia

Estas subvencións serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou organismos internacionais.

De existir no orzamento municipal vixente consignación orzamentaria nominativa ao favor dunha entidade para a formalización dun convenio, para axudar ao financiamento da contratación e de gastos comprendidos en calquera dos Programas subvencionados, a entidade solicitante non poderá concorrer na presente convocatoria nos referidos Programas.

Criterios de valoración

A concesión das subvencións atenderá a criterios obxectivos e tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo sempre como límite a dispoñibilidade orzamentaria da Área de Emprego destinadas para tal fin no correspondente exercicio.

Como criterios xerais de valoración para o outorgamento das subvencións dos distintos programas, terase en conta:

  1. Colaboración no desenvolvemento de actividades de fomento do emprego ata 8 puntos.
  1. Representatividade da entidade ata 2 puntos.
  1. Calidade do proxecto ata 10 puntos.
  1.  Calidade e cantidade dos contratos ata 30 puntos.

Máis detalles acerca destes criterios na seguinte ligazón.

Contía

A contía total destinada a estas subvencións para o exercicio orzamentario (2024) do Concello de Vigo é de 1.490.000,00 € (un millón cento corenta e mil euros), que se imputarán con cargo á partida. 2410 4800000, denominada “Programa de axudas ao plan de emprego municipal”, distribuídos do seguinte xeito:

  1. Programa I “Entidades veciñais e culturais”: 245.000,00 € (dous centos corenta e cinco mil euros). A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, o límite de 35.000 €.
  2. Programa II: “Entidades sociais e asistenciais”: 440.000 € (catrocentos centos corenta mil euros). A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, o límite de 35.000 €.
  3. Programa III: “Organizacións sindicais”: 111.000 € (cento once mil euros). A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, o límite de 35.000 €.
  4. Programa IV: “Entidades empresariais”: 200.000,00 € (dous centos mil euros). A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, o límite de 35.000 €.
  5. Programa V: “Comunidades de Montes”: 145.000,00 € (cento corenta e cinco mil euros).
  6. Programa VI: “Entidades deportivas”: 349.000,00 € (trescentos corenta e nove mil euros).

a) A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, o límite de 35.000 €.

b) O importe da subvención ou axuda, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custe da actividade ou actuación subvencionada.

c) A concesión da subvención non xerará ningún dereito á percepción da mesma en futuras convocatorias.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 11 de xuño e rematará o 24 de xuño de 2024.

Máis información

Acceso ó trámite de procedemento

       Código de procedemento: BDNS: 765781 

Consulta as Bases Reguladoras das subvencións para ao fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2024

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *