SUBVENCIÓNS PARA FESTIVAIS DE MÚSICA 2024

Prazo pechado!! Se cumpres a condición de ser unha persoa física, xurídica privada ou unha agrupación domiciliada en Galiza ou nun territorio membro da Unión Europea xa tes aquí as axudas adecuadas.
Obxecto

  Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, a festivais de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector.

Beneficiarios

Poderán acceder a estas axudas:

  • As persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cuxo obxecto social lles permita a organización de actividades escénico-musicais.
  • Asociacións en cuxo obxecto social se recolla a capacidade para desenvolver o obxecto anteriormente citado.
  • Fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
Accións subvencionables e requisitos

  Considérase proxecto subvencionable a organización, e celebración, dun festival de música, sempre que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Debe celebrarse entre o 1 de xaneiro do ano 2024 e o 31 de outubro do ano 2024
  1. Ter unha antigüidade de, polo menos, dúas edicións, excluída a edición que se presenta a esta convocatoria.
  1. Ten que ter unha duración mínima de dous días. O festival ten que desenvolverse dentro dun único período de quince (15) días, e dous dos días, como mínimo, deben ser consecutivos.
  1. O importe mínimo do proxecto será de 38.000 euros (IVE incluído).
  1. Debe ter un orzamento mínimo de contratación artística do 30 % do custo do proxecto.
  1. Un mínimo do 80 % dos concertos programados teñen que ser con entradas de pago. 
  1. A programación deberá estar conformada por un mínimo de cinco grupos.
Incompatibilidades e concorrencia

  Estas subvencións son incompatibles con outras subvencións, axudas ou patrocinios para o mesmo proxecto de calquera departamento da Xunta de Galicia e dos seus organismos dependentes.

Contía

 O crédito destinado ao financiamento destas axudas é de 80.000 euros.

A intensidade máxima de axuda será o 90 % do orzamento subvencionable, cun límite de 10.000 euros por persoa solicitante.

**Estas axudas están suxeitas ó rexime de minimis.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comenzará o 15 de maio de 2024 e rematará o 14 de xuño de 2024.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CT302F).

Acceso ó proceso de tramitación:

  • Código de procedemento: CT302F

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *