SUBVENCIÓNS PARA GASTOS DA ORGANIZACIÓN E DIFUSIÓN DE ACTOS SOCIAIS E ENCONTROS VECIÑAIS DE FOMENTO DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ

O Concello de Vigo lanza subvencións ata o 20 de setembro para asociacións veciñais, culturais e sociais sen ánimo de lucro. Apoio económico de ata o 100% para actos sociais, encontros veciñais, xogos populares, publicacións e alugueiro de locais. Máis información aquí!

A convocatoria ten como finalidade a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para contribuír ao financiamento de gastos da organización e difusión de actos sociais e encontros veciñais.

O seu obxectivo é fomentar o asociacionismo e a participación cidadá, reforzando a autoorganización das entidades e promovendo o benestar social e a cohesión da cidadanía de Vigo

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro que estean:

  • Legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA).
  • Con sede ou delegación en Vigo.
  • Cuxas finalidades coincidan cos obxectivos da convocatoria.

Inclúense:

  • Asociacións de Veciños.
  • Sociedades Culturais.
  • Entidades sociais, asistenciais, culturais, festivas e de lecer.
  • Peñas recreativas.
  • Entidades de promoción e defensa de valores, étnicas e relixiosas.

Actividades subvencionables

Consideraranse subvencionables os gastos realizados entre o 16 de outubro de 2024 e o 15 de outubro de 2025 vinculados ao desenvolvemento das actividades.
Enmárcanse en catro programas:

  1. Programa I → Gastos de montaxe e desmontaxe de instalacións cubertas ou estruturas móbiles para actos sociais e encontros veciñais.
  2. Programa II → Gastos de organización de xogos populares (aluguer de locais, material, megafonía, seguros, publicidade, etc.).
  3. Programa III → Deseño, maquetación e impresión de publicacións en papel ou dixitais (libros sobre parroquias, publicacións de festas, mantemento de webs).
  4. Programa IV → Gastos de alugueiro de locais sociais ou inmobles puntuais necesarios para o desenvolvemento da actividade.

Contía

  • Programa I → máx. 2.700 € por entidade.
  • Programa II → máx. 4.000 € internacional/nacional, 3.000 € autonómico, 2.500 € municipal consolidado.
  • Programa III → máx. 5.000 € libros sobre parroquias; 4.000 € publicacións de festas.
  • Programa IV → máx. 4.000 € por entidade.

Prazo

Presentación de solicitudes ata o 20 de setembro do 2025

Máis información 

Consulta a: BASES E CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN E DIFUSIÓN DE ACTOS E ENCONTROS VECIÑAIS PARA O ANO 2025

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *