SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER E A IGUALDADE  

Se eres unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve actividades e programas de promoción da muller e da igualdade, isto interésache!
Obxecto

 A concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva durante o ano 2024, para o desenvolvemento de actividades e programas de promoción da muller e da igualdade da Concellería de Igualdade de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación para a realización de actividades que complementen ou suplan aos de competencia municipal.

Beneficiarios e requisitos

Terán a consideración de entidade beneficiaria:

  1. As asociacións de mulleres e vogalías da muller de entidades veciñais ou culturais debidamente constituídas en asemblea demostrable a través da presentación da correspondente acta, que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela, e que conten con representación no Consello Municipal da Muller. 
  1. As asociacións de nais e pais de alumnado (ANPAS) legalmente constituídas dependentes de centros públicos do concello de Redondela, que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela.
Requisitos:
  1. Ser unha entidade sen ánimo de lucro.
  2. Ter debidamente xustificadas as subvencións concedidas en anteriores convocatorias, ou ben ter solicitada unha prórroga debidamente xustificada e aprobada, ou ben ter presentado unha renuncia por escrito. 
  3. Levar inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela como mínimo 6 meses dende a data de 18 de setembro de 2024.
Accións subvencionables
  • A promoción da igualdade real e efectiva de mulleres e homes en todos os ámbitos.
  • A prevención e o tratamento da violencia de xénero.
  • A formación, orientación e asesoramento cara a busca ou consolidación do emprego.
  • A promoción da conciliación, corresponsabilidade e igualdade nos fogares.
  • A promoción da saúde e o autocoidado en problemáticas específicas de muller.
  • O fomento da promoción persoal e a adquisición en habilidades sociais das mulleres en risco de exclusión.
  •  A difusión dos dereitos das mulleres e a historia dos movementos reivindicativos das mulleres e a promoción da participación das mulleres no eido social, cultural e artístico.
  • A promoción do deporte entre as mulleres. 

As entidades solicitantes poderán solicitar axudas para un máximo dunha actividade.

Gastos subvencionables

Serán gastos subvencionables os que respondan de xeito indubidable á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido e que ademais estean efectivamente pagados con anterioridade á xustificación da subvención, salvo en casos de pagamentos a conta.

Incompatibilidades e concorrencia

Declárase a compatibilidade con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, salvo con outras subvencións concedidas polo Concello de Redondela.

Contía

O crédito global que se dispón para o outorgamento das subvencións a conceder será de 14.000 euros con cargo á partida 2311B.489.0000 do orzamento vixente.

Aquelas actividades subvencionadas que teñan coma obxecto a promoción da igualdade de xénero e a prevención e tratamento da violencia de xénero, a contía máxima de subvención poderá alcanzar o importe total solicitado. No resto de actividades para as que se solicita a subvención, a contía máxima de subvención por actividade será 600 euros.

En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade a desenvolver pola entidade beneficiaria.

O importe da subvención reducirase en todo caso ata o importe solicitado pola entidade no caso de que este sexa inferior.

Criterios de valoración 

O procedemento de outorgamento destas subvencións é o de concorrencia competitiva polo que a súa concesión realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas e dos anexos que as acompañan coa finalidade de establecer unha prelación entre elas de acordo cos seguintes criterios de valoración, tendo  límites de importe.

  1. Repercusión téndose en conta o número de participantes na actividade de acordo coas seguintes condicións.
  • Un punto por cada participante.
  • No caso de que participen mulleres e homes, sumaranse cinco puntos máis no total.

A acreditación do número de participantes realizarase a través do cumprimento do anexo III.1 no caso de persoas maiores de idade, do anexo III.2 no caso de persoas menores de idade ou de ambos os dous anexos no caso de participar persoas menores e adultas.

  1. Duración no tempo das actividades a realizar de acordo con este baremo.
  2. Tipo de actividade de acordo con este baremo.
  3. Composición da Xunta directiva da entidade.
Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 27 de setembro de 2024 e rematará o 6 de outubro de 2024.

Máis información

Consulta as Bases e convocatoria para a concesión de subvencións para actividades de promoción da muller e a igualdade para o ano 2024.

Código de procedemento: : BDNS: 786688

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou mandando un correo electrónico ó enderezo obradoiro.emprego@maiv.org

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *