Obxecto
Concesión das subvencións públicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a promover actividades de carácter turístico durante o ano 2024 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.
Beneficiarios e requisitos
As entidades beneficiarias das axudas serán as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:
- Non ter a condición de Administración pública.
- Carecer de fins de lucro.
- Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA).
- Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.
- Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.
- Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da LXS.
- Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.
Accións subvencionables
A Deputación de Pontevedra concederá subvencións para realizar actividades de fomento do turismo con repercusión turística na provincia, durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
Poderán ser obxecto de subvención as actividades de fomento do turismo que teñan como fins, entre outros, os seguintes:
- Promoción e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable.
- Promoción dos seguintes recursos turísticos da provincia: a natureza, o medio ambiente e a paisaxe; as festas e tradicións populares; o patrimonio cultural e lingüístico; a gastronomía e a enogastronomía; a saúde, o benestar e o termalismo.
Quedan excluídas desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención, as seguintes actividades e investimentos:
- As actividades ou investimentos subvencionados, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación de Pontevedra.
- Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes, os gastos de persoal da propia entidade e as actividades xerais que se realicen ao longo de todo o ano.
- Os eventos de carácter deportivo.
- As viaxes de lecer e as excursións.
- As actividades dixiridas en exclusiva ás persoas asociadas.
- Os gastos gastronómicos, agás cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para o seu desenvolvemento.
- As adquisicións de material inventariable, equipamento ou calquera outro gasto que supoña un incremento para o patrimonio da entidade beneficiaria.
- Os gastos en investimentos de carácter inmaterial, susceptibles de producir os seus efectos en varios exercicios futuros, coma a elaboración de vídeos utilizados en campañas de promoción turística.
- As festas gastronómicas que consistan principalmente na degustación de produtos sen a súa posta en valor.
Gastos subvencionables
Os realizados durante o ano 2024, incluso os realizados con anterioridade á concesión da subvención sempre que sexan necesarios para executar a actividade subvencionada. Enténdense como tales os gastos relacionados coa actividade coma:
- A imputación dos soldos e salarios das persoas contratadas para a actividade
- Alugueiro de edificios (salas, auditorios, almacéns etc.)
- Alugueiro da maquinaria, instalacións e útiles necesarios para a actividade
- Alugueiro de vehículos para transporte
- Alugueiro de mobiliario e enseres
- Alugueiro de equipos informáticos e de plataformas virtuais
- Canons
- Vestiario
- Produtos alimenticios
- Material técnico para realizar a actividade
- Comunicacións postais
- Primas de Seguros
- Gasto de contratación específica de axentes de prensa e de comunicación
- Folletos, cartelería, rollers, lonas, pancartas, etc.
- Material promocional
- Limpeza
- Seguridade e vixilancia
- Contratación de guías e/ou monitores
- Gastos de coordinación
Os gastos xustificados deberán axustarse aos conceptos e importes establecidos no orzamento inicial, e aceptaranse desviacións máximas dun 20 % no custo dos diferentes conceptos da actividade subvencionada con respecto ao orzamento inicial pormenorizado.
Incompatibilidades e concorrencia
A subvención concedida pola Deputación de Pontevedra será compatible con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, nacional, da UE ou de organismos internacionais, pero en ningún caso a contía total das subvencións poderá superar o custo real da actividade subvencionada.
Para tal efecto, en canto se teña coñecemento da obtención doutras subvencións para a mesma actividade, a entidade beneficiaria deberá comunicarllo á Deputación.
A subvención concedida é incompatible con outras axudas concedidas por outros servizos da Deputación de Pontevedra para a mesma finalidade no mesmo exercicio. A entidade deberá comunicar que é beneficiaria doutra subvención do organismo provincial, de se dar o caso.
Criterios de valoración
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación os seguintes criterios:
- Inscrición da entidade solicitante no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia: 10 puntos.
- Experiencia da entidade no desenvolvemento de actividades análogas: ata 5 puntos.
- Acreditación do cumprimento de sistemas de calidade: ata 5 puntos.
- Duración da actividade: ata 3 puntos
- Aspectos relacionados co desenvolvemento turístico provincial (deberán figurar na memoria para que sexan valorados): ata 77 puntos.
Se queres saber máis acerca destes criterios clica na seguinte ligazón.
Contía
En ningún caso a modificación das condicións da actuación subvencionada poderá dar lugar a un incremento na contía da subvención concedida.
Como máximo a contía é de 80.000,00 €
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 26 de xullo e rematará o 26 de agosto de 2024.
Máis información
Acceso ó trámite: SIA 287980
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.