SUBVENCIÓNS PARA Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS FORMATIVOS EN EMPRESAS OU ENTIDADES DE GALICIA, DESTINADOS ÁS PERSOAS MOZAS INSCRITAS E BENEFICIARIAS DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

Se queres fomentar a formación e a inserción laboral dos xoves, informate sobre estas subvencións para a posta en marcha de estadias formativas para persoas mozas inscritas no SNGX 2025

A finalidade destes programas é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, en diante, SNGX, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

BENEFICIARIOS

As entidades privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas, domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que desenvolvan actividades no eido da mocidade e/ou do emprego, e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria. 

Requisitos adicionais:

Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas.


Exclusións

– Serán excluídas as entidades solicitantes que se encontren nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

-Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións aquelas entidades que non se atopen ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. 

Requisitos das persoas mozas participantes nos programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na Empresa

  • Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX.
  • Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Estar inscritas no SNGX e figurar como persoas beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Fases dos programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na Empresa 

Os programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na Empresa das entidades beneficiarias da subvención deberán respectar as seguintes 3 fases:

  • Organización e planificación: inclúe a convocatoria para a selección das persoas mozas participantes, que será obxecto de publicidade, o proceso selectivo e a preparación en competencias laborais, busca das empresas ou entidades en que se desenvolvan as estadías.

As empresas ou entidades en que se realicen as estadías formativas deberán ser galegas ou ter centros de traballo en Galicia e estar vinculadas aos seguintes sectores económicos estratéxicos para a nosa comunidade: 

• Aeronáutica. 

• Agroalimentación. 

• Biotecnoloxía. 

• Automoción. 

• Enerxías renovables. 

• Madeira/forestal. 

• Metalmecánico. 

• Naval. 

• Pedra natural. 

• Téxtil/moda.

• Tecnoloxías da información e da comunicación. 

• Calidade de vida e benestar.

  • Execución e seguimento das actividades: realización das estadías formativas nas empresas/entidades seleccionadas e seguimento durante a súa realización; titorización das estadías e realización de itinerarios personalizados de inserción das persoas participantes.
  • Avaliación e seguimento posterior á realización das estadías formativas: inclúe a avaliación dos resultados de aprendizaxe obtidos polas persoas participantes durante a actividade que suporá a realización, como mínimo, dunha xornada de orientación laboral co fin de facilitar a súa inserción laboral, antes do vencemento do prazo de xustificación da subvención. 

Duración e características dos programas de Xuventude Mentoring na Empresa

As estadías formativas poderán comezar a partir do día seguinte á publicación da resolución de concesión das subvencións e unha vez aceptada esta e rematado o proceso de selección das persoas mozas participantes Deberán finalizar, como data límite, o 31 de outubro de 2025.

Os programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na Empresa deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Contar cun mínimo de 8 e un máximo de 12 persoas mozas participantes que reúnan os requisitos establecidos.

b) O período de realización de estadías formativas nas empresas ou entidades será dun mínimo de 3 e un máximo de 4 meses consecutivos, agás causa xustificada, motivada por escrito.

c) As horas formativas nas empresas ou entidades en que se realicen as estadías terán unha duración mínima de 100 horas mensuais e un mínimo de catro días semanais.

d) As estadías formativas desenvolveranse nas empresas ou entidades con que se asinaron os acordos nos termos establecidos nesta orde. 

e) Os programas presentados deberán contar cun plan formativo complementario en habilidades e competencias para o emprego, cun mínimo de 20 horas lectivas, que se poderán impartir en modalidade presencial, teleformación ou mixta.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento dos programas.
  •  O período de subvencionabilidade dos ditos gastos será desde o día seguinte ao da publicación das bases reguladoras ata o 15 de novembro de 2025.
  • Subvencionables bajo concepto de custos directos de personal.
  • Subvencionables bajo concepto doutros custos directos.
  • Serán subvencionables en concepto de custos indirectos: os gastos correntes que non se corresponden en exclusiva á actividade subvencionada por ter carácter estrutural e que resulten necesarios para o seu desenvolvemento, como gastos en bens consumibles e en material funxible, comunicacións, gastos de alugamento e de mantemento de instalacións (luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade).

Financiamiento

Para o financiamento destas subvencións, existe crédito suficiente e adecuado no anteproxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, cunha contía total de 1.271.295,72 euros.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 

Os criterios xerais de avaliación para os programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na Empresa son (máximo 100 puntos):

  1. Programas que teñan como destinatarios/as como mínimo un 10 % de persoas mozas con discapacidade superior ou igual ao 33 %; e/ou vítimas de violencia de xénero ou persoas cuxas proxenitoras a sufrisen; e/ou persoas en risco de exclusión social: 10 puntos.
  2. Melloras en recursos humanos respecto dos mínimos exixidos (ata 20 puntos).
  3. Melloras na formación complementaria das persoas mozas participantes (ata 12 puntos).
  4. Ter asinados acordos con empresas ou entidades para a realización das estadías formativas no momento de solicitar o programa (ata 16 puntos).
  5. Presentar xunto coa solicitude da subvención compromisos globais de inserción laboral adquiridos nos acordos coas empresas/entidades en que se desenvolverán as estadías formativas (ata 21 puntos).
  6. Programas en que máis do 60 % das persoas mozas participantes nas estadías formativas as desenvolvan en empresas/entidades situadas en concellos rurais: 11 puntos.
  7. Ter xestionado en Galicia nos últimos catro anos programas específicos de mellora da empregabilidade destinados ás persoas mozas ou formar parte como entidade colaboradora do programa Xuventude Mentoring: 10 puntos.

Para o caso de empate na puntuación entre varias entidades solicitantes das subvencións e co fin de determinar a orde de prelación entre programas que obtiveron a mesma puntuación, fíxase como sistema de desempate:

a) A maior valoración que realizase a Comisión de Avaliación en cada un dos criterios que se reflicten no punto 2 deste artigo e seguindo a orde establecida nel.

b) De persistir o empate, a orde de entrada da solicitude.

PRAZO

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 1 do Marzo do 2025

Máis información

Consulta a  ORDE do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedemento BS324D).

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *